Si escoitas o ruído dunha moto xa te pos nervioso (Parte I)

Entrevista Miguel A.3
Si escoitas o ruído dunha moto xa te pos nervioso (Parte I)

Non tódolos moteiros son delincuentes, pero si todos os delincuentes van en moto

Esta é a historia persoal de Miguel A. Domínguez, 33 anos avogado, informático e docente durante un mes , tempo total que o deixaron exercer , pero que podería ser a de moitos e moitos descendentes de galegos que optan pola volta a terra debido a situación, caótica, por dicilo dunha maneira sinxela de como se vive en Venezuela. Para denominalo como nos transmite Miguez, é unha situación de inseguridade total.

EXTORIOS EN CALQUEIRA MOMENTO

No seu caso a extorsión comezouno seu pai,un galego emigrado a Venezuela. Extorsionaban ao meu pai pedíndolle diñeiro VACINA-PRIMA ou che secuestramos á túa familia, matámoschos, iso é o normal.

Este é o común denominador da situación en Venezuela e na miña cidade Maracay en particular, pero nin máis nin menos que noutras cidades. As cuadrillas poden ser de 40 ou 50, e a policía non fai absolutamente nada.

Todo está a ser levado a cabo por bandas organizadas cuxos cabecillas son membros da seguridade do estado, polo que se pode dicir que é \“terrorismo de estado\”

O criminal máis alto é o que dirixe a orquestra. O goberno coñéceo, pero non fai nada.

Segúndo continúa dicindo Miguel o medo ten a poboación totalmente coartada. Non pode sair as rúas a manifestarse posto que dende que entrou Maduro autorizou as forzas do orde público e o exercito a empregar munición nas súas armas para disolver as manifestacións que ata súa chegada se facía, como en tódolos países civilizados con auga ou pelotas de goma.

Ás seis da tarde tes que estar na casa.

A partir desa hora xa non debes andar pola rúa. Nunha ocasión atracáronme e tiven a sorte de que se lle encasquetara a pistola.

O único que se podería comparar en delincuencia a Venezuela sería Guadalaxara en Mexico. Loxicamente en delincuencia non de valores absolutos se non de proporcionalidade. Aí gaña Venezuela en índice percapita.

Entrevista Miguel A. 1Fai un ano mataron a un primo meu despois de atracalo na súa granxa. El denunciou aos delincuentes e meses despois viñeron a por el. Tódolos días matan dous ou tres en cada pobo. Deronlle un tiro na barriga para tiralo do cabalo e despois rematárono no chan. Para que soupéramos que todo era venganza, nin lle roubaron os cartos, nin a documentación, nin o rifle quelevaba na man. A partir dese momento foi cando comezaron a extorsinar a meu pai conmigo e a miña familia. Foi enton cando comezaron a preparar as cousas para trasladarse a España, non sin antes estar ocultos el e a súa familia (muller e dous fillos de 3 e 1 ano), nun piso ata conseguir uns billetes de avión. Billetes que hai que sacalos dende España, posto que si o fas dende Venezuela poden pasar tres meses para conseguilo.

LEI MORDAZA

Alí os medios de comunicación non poden sacar nada dos datos de delincuencia que ocorren en Venezuela, nin a radio nin os medios audiovisuais. Só quedaría internet, pero tamén iso teno capado cos seus servidores. Venezuela é un país de cor de rosa, aínda que a ti o vivas doutra maneira.

O que chega a España é política e prensa amarela e son tamén os temas que mais lle gústa á prensa española.

En Venezuela a inflación anual é de catro díxitos. Si ti vas a mañá por un orzamento de arranxo dun vehículo que e che dan 10.000 bolívares, á tarde cando vas xa vale 12.000. Todo se debe ao mercado negro do dólar.