A FESTA DO ESQUECEMENTO VOLVE ESTAR NO LUGAR, DE ONDE NUNCA DEBEU HABER SAIDO

Concha Ojea(Dereita) e María Mendez
A FESTA DO ESQUECEMENTO VOLVE ESTAR NO LUGAR, DE ONDE NUNCA DEBEU HABER SAIDO
O campamento que abrira as portas o venres pola noite contará con 24 casetas de castrexos e 5 de romanos Collemos...

O campamento que abrira as portas o venres pola noite contará con 24 casetas de castrexos e 5 de romanos

Collemos a Concha Ojea, presidenta de Civitas Limicorum, en plena faena organizativa, e ó fronte de 7/8 acompañantes que son ós que levan o peso total de este ESQUECEMENTO 2014, e escapándoselle entre os beizos, sen querer dicilo, aquelo de que…xa está ben. Haber se alguén se fai cargo isto. A festa deste ano ten algunhas, pequenas novidades con respeto as anteriores. Retómase a puxa de escravos na noite do venres na praza de Otero Pedraio. Tamén o sábado pola tarde haberá unha “Xincana” polo barrio debaixo con preguntas sobro da historia romana de Xinzo, e tamén da festa. A canto ascende o custo da festa este ano? Son 18.000 €, nin mais nin menos, é o que podemos gastar. De onde saen eses cartos?: Merchandaisen e aportaacións de empresas, posto que a apartación dos que realmente se aproveitan da chegada de visitantes a Xinzo, a hostalería, sigue sen arrancar. As apartacións son inversamente proporcional ó aproveitamento que se ten da festa. Pero isto parece que é un mal endémico deste noso pobo. Supoño que , coma sempre teredes invitados?. Efectivamente este ano estarán na nosa festa unha lexión de Lugo formada por 30 persoas e outra mais pequena de Astorga, onde estivemos nos invitados fai pouco. Tamén estarán un grupo de gaiteiros de Braga e un grupo de animación de Cartaxena. En que consiste a aportación do Concello?. O concello de Xinzo, encargase de todo o que siñifica a infraestrutura básica, sen a cal isto non se podería levar a cabo. Auga, electricidade, saneamento, colocación de bandeiras, etc. A verdade e que sen esta colaboración farían falla moitos mais miles de euros. Hai algún requsito para os menores de idade?. Cada un dos menores que se atope en calquera das casetas tanto de castrexos como de romanos, ten que ter unha autorización dos proxenitores para poder participar, e non vale que a traia, teñen que ser os seus responsables os que a traian firmada a asociación. Con todo iso nos non vemos ben que menores pernocten no campamento. A todo isto ó campamento a partir dunha hora estará pechado, e solo poderán entrar nel os acampados, que se identificarán cunha pulseira. Algunha norma mais de estrito cumprimento? A mais importante, non se pode facer lumen as casetas, totalmente prohibido, e tampouco pode haber música enlatada. Como anda a distribución de sexos?. Como en todo gañamos as mulleres(díno as dúas ó unísono, e moi orgullosas). No campamento case se chegará a un 65-35% . O que non logramos é que os novos se pasen ó lado dos romanos. E curioso, porque en Astorga, e totalmente o contrario, os mozos van de romanos e os menos mozos de nativos. Algunha outra cousa que queiras destacar? Quixera agradecer a autorización para voltar ó seu sitio a Carlos Gomez, o concelleiro de Cultura, que foi a peza clave para este retorno. E tamén dicir, que en Astorga, ó parque onde se ubica o campamento, e completamente de céspede, e non pasa nada. Sobre o futuro? Mellor non falar, e unha pena que esta foi a primeira festa deste tipo e hai que ver onde está Lugo e Astorga, e onde estamos nos, pero iso quedará para analizar unha vez rematada esta.