Serafín González Prieto

Embalse das Conchas 1
Serafín González Prieto

A gandería da Limia produce a mesma cantidade que á de 1.300.000/1.500.000 habitantes, que e a metade da poboación galega, pero en tan soio o 1% da superficie galega.

Entrevista a Serafín González Prieto Pte. SGHN

Si non fora polas granxas non existiría a agricultura di a Prta. de ADEGAL.

Que opina?

Mais ben sería o revés, sen agricultura non se pode alimentar o gando, esa afirmación como tal non e certa pero neste caso poderíamos dicir que teñen que ser complementarios.

O problema da gandería da Limia non e a da gandería tradicional, o problema e da gandeira industrial. Na Limia instaláronse granxas que non teñen base territorial.Estas granxas xeran tal cantidade de esterco que a agricultura non da asimilado.

Antes eses animais alimentábanse con materia dos campos, pero hoxe aliméntanse en grande medida de pensos industrias traídos de outras zonas.Desta maneira o equilibrio rachase. O sistema está desequilibrado.

A gandería tradicional, non solo e imprescindible para o sustento do home, se non tamén do ecosistema.

A cantidade de esterco que se produce na Limia e desmesurada en comparación coas terras e cos habitantes.Ademais a Limia e unha terra chaira que non depura os purins que van directamente a auga do río e o embalse neste caso.

Cales son os datos contrastados?

O INE (Instituto Nacional de Estadística) mais o I.G.E.(Instituto Galego de Estadística) di que en todos os concellos da bacía do río Limia, hai 35.000 habitantes.Tamén, datos dos mesmos institutos, na Limia hai unha cabana gandeira de entre 70/75.000 Unidades de gando maior. Estes datos son de toda a cabana sumando proporcionalmente cada especie animal.Tamén se sabe a produción de excrementos e orins de toda esta cabana.

Por outra banda, sábese a cantidade de excremento producido polo home e o resultado e que a gandería produce a mesma cantidade que a de 1.300.000/1.500.000 habitantes, que e a metade da poboación galega, pero en tan soio o 1% da superficie galega.

Hai un desequilibrio , e este desequilibrio págao a calidade das augas do río, augas que son de todos os españois e os portugueses.

Estamos a tempo de facer algo para que se poida vivir os animais, os humanos e a terra?

Temos que estar a tempo. Temos a obriga de facer todo o posible para estar a tempo.

O mantemento dunha agricultura e unha gandería sustentable e moi necesario, non so para os agricultores, os gandeiros e os habitantes, se non para o mantemento da biodiversidade.

Que hai que facer primeiro?

O primeiro hai que recoñecer que se está a facer mal ata agora, se non , non habería os índices de contaminación nas augas.Hai que facer un aproveitamento compatible.

Que opina do proxecto Life Regenera Limia.?

Penso que iso e menos que unha tirita.Parte das ideas que se plantexan, son necesarias, pero non suficentes, moitas son convintes, pero nin de lonxe van a solucionar nin de lonxe o problema.Como experimento está ben, xa esta experimentado noutros sitios.

Vamos a ver, as charcas das areeiras non son precisamente as validas. Esas charcas non poden ter vexetación nada mais que nas beiras, porque son moi fondas, e realmente que pode absorber esa materia e a vexetación. A auga por si solo non vale. Si as veiras son moi pronunciadas e a auga fonda non pode haber vexetación.

Pola contra o que si funciona e estamos a facelo o rebes e a vexetación que hai na cunca do río, que si depura, pero iso estámolo a limpar, co cal faise o revés.

A vexetación que habería que poñer e a que hai no cauce. Iso éo que se emprega noutras partes do mundo. Esas plantas non son a causa das inundacións.blema .

Grazas a vexetación o problema non e tan grande.

Estas son políticas de sensentido.

Que se pode esperar?

Nos levamos dicindo dende fai moito tempo de que outra Limia e posible. Na que a xente poida vivir con calidade de vida conservando a vez a biodiversidade.

Outros datos oficiais son os seguintes: Lugo e a penúltima e Ourense a última das 315 areas europeas en poboación menor de 15 anos a e mais embellecida.

A evolución da poboación na Limia e a peor da provincia de Ourense polo tanto de Europa. Algo estamos a facer mal.on todas esas inversións nos últimos 50 anos, a Limia perdeu o 50% de poboación

Menos xente, menos auga menos natureza e mais contaminación. Ou revertemos iso ou estamos perdidos para sempre.

Non se pode soster que a produción de 1Kg. de patacas da Limia sexa o dobre que en calquera outro sitio de España. A Limia ten que ter un diferencial moito maior entre o custe e a venda dos produtos e iso solo se logra cunha agricultura e unha gandeira mais ecolóxica.

Todo isto e posible e nos xo vimos dicindo dende hai moito tempo, porque noutros lugares xa se fixo.

A esperanza neste caso témola que ter da man de Fenosa, posto que para o seu proxecto de bombeo de auga para o Salas, As Conchas ten que estar san, se non iría contra a normativa europea da auga e non llo deixan levar a cabo. Por iso esta metida no proxecto Life Regenera Limia.