Gumersindo Lamas leva 25 anos na alcaldía de Sarreaus

Sarreaus 2
Gumersindo Lamas leva 25 anos na alcaldía de Sarreaus

Estes catro anos foron a súa campaña electoral, agora xa está todo feito, comentábanos o alcalde

Gumersindo Lamas, alcalde de Sarreaus, viviu uns catro moi complicados. Non logrou alcanzar todos os obxectivos pero estivo a altura do que se lle esixía.

Por esta razón, non se realizaron novas infraestruturas. Intentouse manter os servizos sociais e incluso se incrementaron as axudas as persoas maiores. Deste xeito, conseguiuse sanear o concello e, nestes momentos, practicamente a débeda está saldada. Segundo nos dixo o alcalde: \“os plans de axustes obrigan a cerrar gastos\”.

De cara as próximas elección, Gumersindo espera poder cumprir os obxectivos que non se acadaron nesta, aínda que é un concello moi ben equipado que non necesita obras voluminosas. Un dos proxectos pendentes é a construción dunha residencia da terceira idade e a ampliación de algún servizo. Tamén quere crear postos de traballo e fixar poboación. Aínda que os alumnos do colexios estanse mantendo, necesitase mais poboacións. Por esta razón, este alcalde quere crear bolsas para o aluguer de vivendas e adaptar o antigo concello para o aluguer das mesmas.

Por outro lado, comentounos que as plantas de Coren que se cerraron non afectaron ao concello se non que danaron a xente que deixou de traballar. Pero, afectou moito ao medio ambiente. Os problemas dos purines veñen dados porque non teñen onde levalo. Hai moitas granxas de cerdos e polos, de vacas quedan moi poucas.

A Sarreaus non lle falta de nada. As instalacións do colexio son inmellorables, o polideportivo está en boas condicións, hai unha aula multifunción para todos, hai piscinas publicas, biblioteca, pistas polideportivas, parques infantís, campo de fútbol e aula de informática. É un concello moi ben comunicado con centro de día e albergue xuvenil.

En canto as eleccións, Gumersindo non vai facer campaña posto que para el: \“a miña campaña electoral durou catro anos e agora estouna acabando\”.