“Gustaríame que fora un Concello un pouco máis atractivo para que a xente viñera”- Jose Manuel Castro

377689_4399463110124_136695086_n
“Gustaríame que fora un Concello un pouco máis atractivo para que a xente viñera”- Jose Manuel Castro

Falamos co alcalde de Os Blancos, Jose Manuel Castro, quen desenvolve varios proxectos de humanización así como axudas á terceira idade, nesta segunda lexislatura.

Que proxectos levan realizados durante os primeiros seis meses de mandato?

Jose Manuel Castro: Estamos co proxecto máis importante que temos, que é a construción dunha residencia da terceira idade. Posiblemente comezaremos esta construción dentro dun ano. Imos humanizar un pouco a zona, os núcleos rurais, neste caso os pobos. Despois o de sempre, servizos de axuda a terceira idade sobre todo, ampliar o circuíto de benestar. Temos tamén para facer unha ruta de senderismo.

2019030910414158800Cales serían os proxectos máis importantes que teñen programado para este 2020?
Realmente estamos traballando nos máis importantes, que son os xa mencionados, para 2020 como as rutas de senderismo e a residencia da terceira idade.
En que lle gustaría que cambiase o Concello ao final do seu mandato?
Gustaríame que fora un Concello un pouco máis atractivo para que a xente viñera. Que tivera un atractivo e un poder de resistencia, que creo que xa o ten, de que a xente puidera sobrevivir aquí sen problema ningún. Que fora máis atractivo tanto para turismo como para quedarse. Un turismo accesible, de aí o proxecto que temos de senderismo. Antes isto era unha zona que só saía na televisión por noticias negativas. Gustaríame non saír na prensa, salvo por un valor que tratamos de desenvolver con outros proxectos. O máis importante é iso, que a partir do meu mandato veñan para quedarse, iso sería todo un orgullo persoal.