“Gustaríame ter moitos postos de traballo”- Felipe Traveso

felipe traveso 3
“Gustaríame ter moitos postos de traballo”- Felipe Traveso
Felipe Traveso, alcalde de Sandiás

Falamos con Felipe Traveso, quen está traballando na dirección que vai coller nesta segunda lexislatura como alcalde de Sandiás.

felipe traveso 3Que proxectos levan realizados nestes primeiros seis meses de mandato?
Felipe Traveso:
Fixemos unha renovación de ventás e portas no Concello, climatizamos e pintamos. Fixemos unha reforma importante no punto de atención á infancia, con cambio de tarima flotante, a construción dun parque e demais elementos para que os nenos non se mancaran. Tamén compramos material didáctico tamén para os nenos. Agora estamos facendo outra obra de saneamento, repoñendo toda a tubería de abastecemento que estaba moi deteriorada.

Cales son os proxectos máis importantes que teñen programados para levar a cabo este 2020?

felipe traveso 2

Felipe Traveso axudando na estinción dun incendio no seu Concello (Foto arquivo redes sociais)

Aínda estamos empezando o ano e estamos barallando as posibilidades que temos aí. Estamos traballando na dirección que imos coller agora.

En que lle gustaría que cambiase o Concello ao final do seu mandato?

Gustaríame ter moitos postos de traballo, iso sobre todo. Fixar poboación e que a xente estivera no pobo. Traballaremos duro para conseguir algo do que pensamos.