“Hai que dar un golpe na mesa e facer algo”.- Marcos Argibay

IMG_20200114_175008
“Hai que dar un golpe na mesa e facer algo”.- Marcos Argibay

“A día de hoxe o que parece a directiva de Civitas Limicorum é máis ben unha comisión de festas que se prepara só cando chega o mes da festa”

O candidato que quedou ás portas de dirixir Civitas Limicorum, Marcos Argibay, fai fincapé na necesidade de promover a cultura e a actuación continuada no interior da asociación encargada da Festa do Esquecemento.

PRECIPITACIÓN NAS ELECCIÓNS

Tras lamentar a precipitación das votacións, agradeceu a participación do 60% da asociación, e recoñeceu algúns dos posibles factores que puideron ter que ver co resultado final. “O feito de que fóra rápido, que a xente non nos coñecera, eles viñan de atrás, o continuísmo é algo que se premia á hora dunhas eleccións nesa maioría silenciosa”, foron as palabras de Argibay.

IMG_20200114_174954En canto ao tema da división, o candidato declarou que “o que nós reclamamos vai más alá da festa (...) nós movémonos motivados por recuperar a asociación, o que foi no seu día, unha asociación cultural que deba facer cultura todo o ano”. En liñas das palabras do finalmente elixido, “estase perdendo certo rigor histórico, e iso non basta con recoñecelo, hai que tomar medidas e facer que iso cambie”, insistiu.
MELLORA NOS ÚLTIMOS ANOS
Ademais, Argibay deixou constancia de como a festa mellorara nos últimos anos, debido fundamentalmente ao aumento de orzamento. “Fai catro anos fixemos a festa con 16.000 euros, e o ano pasado entorno aos 40.000, ese cambio estase vendo reflectido”, e, posto que a Festa do Esquecemento é algo que se fai para o pobo, declarou tamén a súa confianza cara o concello baixo a afirmación de “confío que este ano se molle”.
Nembargantes , existen tamén erros a mellorar de cara ao futuro. “Non me parece ben que o ano pasado os bares non tiveran programa, que os locais que colaboraran non tiveran o seu cartel”, foron algunhas das valoracións do limiá, quen asegurou que “se queremos que a xente da vila se inclúa e valore isto, temos que facerlles un xesto”.

“A día de hoxe o que parece a directiva de Civitas Limicorum é máis ben unha comisión de festas que se prepara só cando chega o mes da festa”, e isto é o que gran parte dos asociados queren cambiar. Marcos Argibay quixo facer crítica desa “deixadez”, que achaca “á falta de organización, motivada en parte por esa pouca constancia ao longo do ano”, e finalizou a súa intervención recordando que para que todo funcione “cómpre ter tempo e ganas”.