Isto é un fito histórico na Limia

Amador Díaz Penín
Isto é un fito histórico na Limia

Esta é a primeira asociación de produtores de pataca da Limia

Despois do pistoletazo de saída a Asociación de Produtores de pataca da Limia, falamos cun dos promotores da mesma que a postre foi elexido Presidente por aclamación, Amador Díaz Penín.

Esta é a primeira asociación de produtores de pataca da Limia

En total pode haber sobre 130 produtores na Limia, que teñen que cumprir, que no seu traballo profesional supere no 51% a produción de pataca.

Asistiron uns 80 agricultores que todos eles asinaron a solicitude para formar parte da mesma e houbo que atrasar o envío da documentación, que se ía a facer este luns, unha semana mais, porque solo esta maña, recibín a chamada de 8 produtores mais que queren formar parte da mesma.

PRODUTORES DENDE 300 MIL A MILLÓN E MEDIO- ESTAMOS TODOS

Na asociación están dende os que producen 300.00 Kg. ata os que producen mais dun millón de quilos.

Xurde fai uns meses nunha charla informal de cafetería de catro ou cinco produtores co fin de unión ante calquera situación que aconteza no noso sector, para que sexamos tidos en conta, non como ocorre ata estes momentos nos que ata a Xunta non conta con nos en ningunha situación. Case sempre se dirixe a almacenistas distribuidores, pero nunca os produtores.

OBXECTIVOS A CURTO PRAZO

Estar en contacto coas administración, tanto locais como provinciais e autonómicas é algo esencial para o mellor desenrolo da nosa actividade en particular e para o futuro do sector en xeral. Isto repercutirá a nivel local en que a economía da zona, 100% agrícola e gandeira siga un ritmo de crecemento acorde aos esforzos do sector, que no noso caso, creemos que é totalmente descoñecido por parte do consumidor, que a postre é o noso principal cliente, ou debería selo.

Estar en contacto coas administracións para tratar de solucionar problemas que non saen a luz pública como poden ser o de pistas de concentración que levan mais de 30 anos sen facerlle nada, canles que non se poden tocar por normativas difíciles de comprender. Unha cuneta sempre foi para desaugar auga das fincas e das estradas, pero hoxe en día non se poden limpar por culpa, as veces, dun salgueiro.

Cuestións administrativas e normativa española que non está recoñecida pola comunidade europea. Isto sucede por exemplo con algunha praga.

Onte quixemos deixar atrás a triste historia da unión no sector agrícola que había dende a desaparición da cooperativa fai mais de 30 anos e que pesaba como unha losa na idea de unión entre os agricultores.

NON ESTÁ A MEDIO PRAZO A COMERCIALIZACIÓN

Amador Díaz Penín 2Nestes momentos a comercialización, non está no noso sibro de ruta. A nosa relación cos almacenistas e distribuidores seguirá sendo a mesma, o que esperamos é que desta maneira os contratos con eles se poida facer dunha maneira mais colectiva.

VENTA POR DEBAIXO DO PREZO DE PRODUCIÓN

Nestes momentos hai unha variedade de tubérculo, moi abundante na Limia que se está vendendo por debaixo do custe de produción. Por outra banda non entendemos que a nos se nos este pagando o Kg. de pataca a 10 Ctmos. e ese mesmo quilo chegue ao consumidor 90 céntimos.

Se seguimos sen facer nada con respecto a cousas como esta a baralla, para o produtor terminará rompéndose.

80% da produción total da Limia

Se consideramos que a produción de pataca ronda os 130 millóns,os que asinaron onte e asinarán esta semana que ven a súa pertenza a asociación representarán, mais de 100 millóns de quilos.

Nestes momentos unha cantidade significativa deses millóns de quilos está almacenada nas naves dos produtores a espera de que o prezo suba. A Limia é a única comarca de España que permite o almacenamento durante meses do produto debido a temperatura, época do ano en que se recolle e loxicamente da calidade da mesma.

As fábricas de fritos de toda a nación e de Portugal, chegado esta época do ano surtese no seu 80% de pataca da Limia.

HÁBITOS DESCOÑECIDOS POLO CONSUMIDOR

Outro dos obxectivos prioritarios da asociación é demostrar aos consumidores que os sistemas de produción na Limia están cambiando a moi bo ritmo e para mellorar a calidade do noso produto. Un exemplo é que nestas últimas temporadas as patacas estanse volvendo a recoller a man. E non solo iso, se non que a maioría intenta non botar ningún herbicida. Temos que demostrar tódolos mitos (falsos) que se din negativos sobre as nosas patacas e que nos fan moito dano, tanto aquí como fora. E o triste é que moitos deses comentarios saen da nosa terra, case sempre por descoñecemento do que sucede. O cambio de 10/15 anos para aquí foi cuantitativo e cualitativo. Hai que desmentir tamén o tema do regadío. Nos non regamos as patacas por pracer. O consumidor tense que dar conta de que cada vez que nos regamos estamos a aumentar os custes de produción, entre outras cousas.

FORMACIÓN E INFORMACIÓN

Outra das prioridades da asociación será a formación de todos os membros da mesma a vez que informar do que se fai ao consumidor.

E moi triste que nos nos pelexemos por 3 céntimos mais nalgúns casos, que é pasar de ter perdas a non telas, non a gañar, e eses 3 céntimos o consumidor nin o tiña que notar, porque está comprando o noso produto moitas veces a mais dun euro, pero si sabe como foron plantadas, tratadas e recoletadas esas patacas que está a comer, non dubidaría nin un segundo en solicitar as que custan 3 céntimos mais por quilo, se soubera que ese custe é o de recollelas a man, e non con maquinaria.

SATISFACCIÓN PLENA

Nestes momentos Amador (presidente da asociación ) está satisfeito por varios motivos. Entre eles o de que desta vez a unión do sector produtor produciuse. Onte non había \“corrillos\” falando cada un pola súa conta, se non que todos falaban e actuaban baixo unha mesma idea.

Na asociación a xunta directiva somos 28 persoas que representan realmente a toda a Limia produtora, e iso era algo que tan solo fai uns meses parecía algo inalcanzable.