José Antonio Feijóo, “un ilusionado das aldeas”

IMG_7952
José Antonio Feijóo, “un ilusionado das aldeas”

O alcalde de Baltar foi director de banco durante 20 anos e alcade de Xinzo de Limia

As eleccións están a volta da esquina. Esta etapa de catro anos, para uns moi curta e para outras moi longa, chega o seu fin. De todos é sabido que ao final dunha etapa é necesaria facer balance da mesma. Por esta razón, José Antonio Feijóo Alonso, alcalde de Baltar, reflexiona con nós sobre a súa etapa.

A pesar de que quedaron moitas cousas por facer, a valoración é moi positiva aínda que a crises non axudou. Nesta etapa levouse a cabo a construción dunha piscina municipal, reformas na comodidade na casa de Concello, como a instalación dun ascensor e reformáronse tamén as prazas dos pobos máis grandes.

Sen embargo, quedou pendente a reforma da estrada que vai dende Baltar a Calvos de Randín, a construción dun pavillón de deportes, unha residencia de maiores para complementar o centro de día e comprar novos terreos anexos ao Concello. Ademais, outro dos obxectivos é crear locais públicos nos núcleos de poboación e dar apoio a poboación envellecida.

Por outro lado, outra tarefa a realizar nas próximas eleccións será a de potenciar o Turismo posto que Baltar é a mellor zona do norte de España para practicar o parapente. Ademais, conta con territorios do antigo coto misto e a marabillosa paisaxe. Sen esquecer a festa popular que se celebra a segunda semana de agosto e onde predomina o parapente, a gastronomía e diversos xogos antigos e populares.

Pero sen dubida, a obra máis importante que se podía realizar será as instalacións municipais, como naves, para gardar a maquinaria do concello. Polo de agora, este material estase a gardar no forno do pobo ou queda na rúa, o que provoca roubos. Tamén é necesaria a compra dalgún vehículo municipal para o coidado das infrasestrcuturas e unha retroescavadora.

José Antonio afirma sentirse satisfeito posto que traballa de novo con ilusión, con un equipo do que se sinte orgulloso. Aínda que se produza algunha renovación no seu equipo, espera contar coa maioría. A súa preocupación é o pobo: \“escoito moito aos vecinos\”. Ademais, creou un comité de máis de 20 persoas para escoitar as propostas e incluso contar coa oposición.

Como novidade neste concello cabe destacar as campañas de sensibilización que estanse a realizar e que dan os seus froitos posto que a poboación en Baltar estase mantendo. As campañas consisten en loitar para que a poboación sinta as súas raíces. Por esta razón, outra das obras importantes da próxima lexislatura é a construción dun polígono industrial para crear postos de traballo.

Sen embargo, hai unha historia que se repite sempre: José Antonio foi denunciado \“por intentar que a súa lista fora a única\”. A indignación de este político sobre esas acusacións é permanente posto que para el a manipulación non vale e é un argumento do mal perdedor. \“Intentar subornar ao cidadán, eu sentiríame ofendido e non votaria\”.

O PP é o partido que está a fronte deste concello. É un grupo maioritario, o único partido con vocación de maioría posto que os outros miran apoios e alianzas. Sen embargo, o obxectivo da oposición é impedir que o PP mande, cóntanos o actual alcalde.

José Antonio Feijóo Alonso foi director de banco durante 20 anos e tamén alcalde de Xinzo. Agora, como actual alcalde de Baltar, só ten unha ilusión: \“que a despoboacion do rural sea mais lenta\”. Este home defínese a si mesmo como un \“ilusionado das aldeas\”.