Luis M. Gil, o concelleiro todoterreo
A parti do día 15, no deporte seguirei vinculado aos clubs e por suposto, adestrando no meu club de baloncesto, como levo facendo nos últimos 14 anos.
Antes do previsible cambio de goberno do día 15 quixemos falar co concelleiro TODOTERRENO da corporación anterior e desta última e que supoñemos que será o que leve o maior peso nas labores de oposición, Luís M. Gil. Nos últimos 8 anos, non solo foi o concelleiro que máis áreas levou, se non que o seu teléfono era o que estaba sempre aberto para as queixas e para apagar os lumes que xurdían no día a día do concello.
Como encontrou as súas áreas fai 8 anos?
Fai 8 anos xa estaban os piares postos. Xa estaban en funcionamento as Escolas deportivas. En fútbol xa había seis ou sete equipos federados, na de ximnasia había sobre 20 nenas. No baloncesto que era o que eu levaba máis directamente xa había 100 nenos. Tamén habbía atletismo, badminton o karate... xa estaban en funcionamento.
O primeiro foi potenciar a ximnasia, contratamos a Sandra e pasouse de 20 a case 100 ximnastas, con moitos premios .
No baloncesto xa comezáramos antes de ser concelleiro. Recordo que previo a fundación do club había 9 nenos e aos poucos anos de fundar o club pasamos a ter 100 rapaces practicando, cuestión que seguimos fomentando dende a propia concellería, todo elo sen esquecer a colaboración das empresas que nos exponsorización, sen a cal non estaríamos hoxe onde estamos, recordar que no concello solo había para transporte.
TODO O AVANCE NUNHA ÉPOCA DE VACAS FRACAS.
A revolución nos diferentes deportes nas épocas en que no concello non había cartos foi converter todos aqueles grupos que practicaban as distintas modalidades deportivas en Clubs, e buscar axudas persoais e económicas en empresas patrocinadoras. Dende o concello solo contábamos con tres técnicos deportivos. Gracias a esforzo de todos, aumentouse en todos os deportes.
Nesta época tamén se municipalizou outra vez a piscina climatizada, que lle custaba 100.000 € ao concello cada ano para pasar a un custe actual de uns 40.000 €. En todos os cursos que se fan na piscina sempre hai cheo total das prazas ofertadas.
Tivemos que nos facer cargo do Antela na tempada 15/16 que estaba sen diretiva para que non desaparecese.David Carnero como adestrador, Paco Vences, no bar ,Quico Parada na entrada e como único diretivo eu sacando adiante a tempada, salvando a categoría e deixando o club a diretiva actual sen ningunha debeda.De igual maneira se apoiou estes anos ao Piñeira F.C. e o desaparecido Boado.
O novo campo sintético da Carrera foi un revulsivo que axudou a mellorar adestramentos e competicións dos equipos de futbol do concello, destacando o incremento do futbol base chegando a federar entre 5 e 6 equipos de futbol 8.
Tamén se apostou nun momento determinado polo fútbol sala feminino, chegando a ter sete equipos nunha liga local e dous na provincial.
Nestes anos implantouse o fútbol Americano e o efútbol Flag, tendo en Xinzo o único equipo federado da provincia.
Ademais dos deportes tradicionais de fútbol, baloncesto e ximnasia... , hoxe contamos con dous clubs de karate, King boxing e o club ecuestre.
Cantos rapaces e rapazas practican deporte federado?.
Cada semana hai case 1.000 rapaces e rapazas practicando algunha modalidade de deporte federado.
Cada fin de semana como locais e visitantes movemos 25 equipos utilizando as instalación municipais dando cobertura de autobuses a razón de 10 cada fin de semana, totalmente pagados polo concello, a maiores dos viaxes que pode haber de outros deportes ou actividades educativas e culturais.
Todos estes datos soamente no apartado de menos e nenas e cun presuposto aproximado de 55.000 € en subvención aos distintos clubs.
Cal é o gran reto pendente?
Podemos dicir orgullosos que as instalacións deportivas, culturais e educativas están ao 100 % da súa capacidade, o que falta é melloralas. O pavillón hai que adecentalo e facer un anexo. A Moreira hai que convertela nun gran complexo deportivo, onde entraría tanto o fútbol como o atletismo. Xa avanzamos moito co campo sintético pero faltan rematar as gradas. Temos un campo de fútbol, envexa de todo Galicia, pero cun muro de cierre de case 50 anos. O que falta agora, ademais de continuar e remodelar as instalación, e ampliar algunha delas.
Como analiza a situación da área de EDUCACIÓN?
Dende o Concello, e eu loxicamente, estamos orgullosos de contar co mellor conservatorio profesional dunha vila en todo Galicia e o conservatorio municipal con máis matricula.. Costou moito mantelo aberto, a proba é que todo o mundo dicía que o íamos a pechar, pero entre o esforzo do Concello a Deputación, os país e o profesorado implicado ao 100%, logramos pasar non o bache, se non a fosa na que estábamos metidos, sen poder contratar a ningún profesor. Dende o goberno ou dende a oposición, se alí estamos, seguiremos loitando para mantelo no nivel en que se atopa.
Na niña opinión, ningún neno ou nena dende os 0 a 18 anos, tanto en deporte, cultura ou educación, non ten porque envexar a ningunha vila da provincia, nin a capital mesmo, e todo elo coa colaboración inestimable e imprescindible dos país e nais que están involucrados nos diferentes clubs ou asociacións.
Como exemplos pragmáticos temos a Agrupación Musical coa escola de música con cursos a nivel nacional e internacional . No ano 15 non había escola, e agora hai máis de 100 alumnos. Temos o conservatorio Profesional con máis ratio de matrícula por habitante, ademais do xa lexendario grupo de teatro ANEIS e a , Escola de Gaitas Municipal (a maior de toda Galicia) con máis de 200 matriculados.
Outro dos campos nos que estamos orgullosos son as implicacións de todas as AMPAS dos colexios e institutos de Xinzo e a relación cos propios centros que ceden as súas instalacións para facer actividades cando nos xa non temos sitio. Ademais dos centros públicos tamén hai colaboración, a que podemos, coas academias privadas, Dazón e Fussión .
Aínda que outros pensen o contrario somos a envexa doutros lugares no tocante a relación existente e a colaboración entre o Concello e as asociacións, clubs, centros públicos AMPAS e asociación culturais.
TODOS OS ANOS VEÑEN A XINZO SEIS OU SETE EVENTOS DEPORTIVOS QUE TRAEN A XINZO CENTOS DE PERSOAS
Luís Miguel quere tamén poñer en valor a boa relación que ten este Concello coas distintas federacións provincias e galegas que fan que cada ano se celebren na nosa vila uns seis ou sete campionatos, que atraen a Xinzo durante eses días centos de persoas que botan todo o día en Xinzo, tendo unha repercusión económica na hostalaría da vila moi importante.
No apartado de cultura e festexos, que lle tocou dirixir durante uns anos, non quere deixar de recordar que este concello foi felicitado pola Real Academia por facer o acto mellor organizado e máis participativo de todas as edicións das Letras Galegas, cousa que é un orgullo ou debe ser un orgullo para todos os veciños e veciñas desta vila.
Recordo que o primeiro ano que collín a concellería de cultura había 10.000 € para facer as festas de Sta. Mariña e fai dous anos logramos encher a explanada do Toural con case 10.000 persoas.
E a partir do 15 que….
A partir do sábado 15, se seguimos gobernando, seguiremos traballando como ata agora. De non ser así e habendo un novo goberno, respetar as decisións políticas e seguir traballando por este pobo e este concello, como fixen antes de chegar a política, no deporte e seguir adestrando como levo facendo nos últimos 14 anos. E por suposto loitando, dende a oposición para que este concello siga mellorando en todos os conceptos e sobre todo no deportivo, educativo e cultural.