O luns os veciños de Parada, presentarán o recurso, a licenza outorgada polo Concello

280
O luns os veciños de Parada, presentarán o recurso, a licenza outorgada polo Concello

En principio será un recurso de reposición

Segundo aparece no xornal La Voz de Galicia a plataforma presentará u luns un amplo escrito de reposición de 17 folios no que farán fincapé nas presuntas irregularidades urbanísticas e no impacto ambiental negativo que a implantación da factoría de aglomerado en quente implicaría ao pobo e aos veciños, non só de Parada se non de toda a bisbarra, incluído loxicamente a capitalidade do municipio.

Si esta acción non tivera o resultado esperado polos veciños, en agosto presentarían un contencioso administrativo contra a decisión de autorización da planta por parte do concello de Xinzo.

O xornal,continúa dicindo que segundo o seu portavoz os veciños mostraron a súa sorpresa, e a vez tamen satisfacción, polo apoio incondicional de todos os partidos e persoalmente do alcalde que asinou nas follas de recollida de firmas en contra da licenza da planta.

DECLARACIÓNS DO PORTAVOZ A SÍADA DO PLENO

A percepción que temos despois da celebración do pleno é que non entendemos a posición do concello. Non da oposición, se non a posición.

Non entendemos, que por un lado dícennos que están de acordo con non funcionamento da planta e por outro lado non nos comunicaron nin dixeron nada para buscar vías legais para evitar que iso precisamente se poña en marcha.

Asinou ata o alcalde na folla de firmas, para ir en contra da instalación da planta. Saímos un pouco despistados.

Nos nunca discutimos a legalidade do trámite administrativo, pero o que non está claro e o trámite para esa licenza. Si se leen a licenza di: Licenza concedida salvo dereitos de propiedade e danos a terceiros. Creemos que tanto a nos como aos pobos de arredor da planta nos perxudica enormemente.

Cal é a opinión do seu letrado?

O noso avogado, non é que estee convencido de que vamos a conseguir o noso obxectivo, pero polo menos vámolo a pelexar. Non é a primeira que se da a marcha atrás e esperamos que non sexa a última.

Creemos que tanto este goberno local como calquera outro autonómico pode encontrar vías para non deixar esa instalación sen prevaricar, por exemplo os danos a terceiros.

Si o letrado deles non atopou eses perxuicios, non nos queda outra , que os busque o noso.