“En sete meses fomos capaces de por os nosos servizos sociais a unha altura envexable”- Manuel Conde

Manuel conde 1
“En sete meses fomos capaces de por os nosos servizos sociais a unha altura envexable”- Manuel Conde

Fainos falta un orzamento dun par de anos para polo en estado de revista

Na súa primeira lexislatura, o alcalde de Vilar de Barrio, Manuel Conde, fálanos da necesidade de mellora do Concello dende o punto de vista material, facendo falta “un orzamento dun par de anos para polo en estado de revista”

Como se atopou o Concello cando entrou?

Manuel conde 2Manuel Conde: Dende o punto de vista social atopei un Concello bastante deteriorado, e dende o punto de vista material bastante mellorable. Explícome, dende a perspectiva social había unha desgana colectiva importante, cunha falta de esperanza no futuro absoluta e neste pouquiño tempo fomos capaces de unificar a sociedade e darlle esperanza. Eu estou encantado con todo a vecindario no seu conxunto, votara a quen votara e incluso co rexedor que me precedeu polo apoio que estou recibindo. Vexe que as dinámicas sociais que estamos implementando están dando o seu resultado e a xente está participando masivamente en todos os actos que estamos facendo.

Outro caso diferente é que dende a perspectiva material, isto é, o que é saneamento, asfaltado, escolas dalgúns pobos... hai moitísimo que andar e facíanos falta orzamento dun par de anos para polo en estado de revista.

Cales son os proxectos máis importantes que teñen programados para levar a cabo neste 2020?

Temos un proxecto importantísimo que é o do arranxo definitivo da auga no sector de poboación que é Vilar de Barrio, Bóveda, Gomaretes, Padrenda, San Miguel... Ademais doutros proxectos como o do río Arnoia, en Porto e Arnuide; e algún outro como a posta en valor dende a perspectiva turística de varias serras e outro moi importante como é por a Vilar de Barrio no mapa dende a perspectiva cultural, a través de convenios de colaboración con entidades como a Fundación Rosalía de Castro. Tamén contamos con outro proxecto importantísimo que é o adecentamento do Camiño de Santiago, que xa estamos levando a cabo. Polo bonito, limpalo e sinalizar o seu paso polo noso Concello.

Manuel conde 3

Foto da praza de Vilar de Barrio nestas festas de Nadal

Temos un montón de cousas por enriba da mesa. Dende o punto de vista social creo que neste momento se nos comparamos con outros concellos da nosa contorna, non só da Limia senón dos concellos que nos limitan, en 7 meses fomos capaces de por os nosos servizos sociais a unha altura envexable. Temos escola de memoria, unha escola para mellorar o coeficiente intelectual dun sector da poboación desfavorecido, temos un proxecto de facer unha Organización Non Gobernamental para paliar as bolsas de pobreza que temos... D ende a perspectiva de servizos sociais estamos xa neste momento a unha altura óptima, con moito que mellorar.

En que lle gustaría que cambiase o Concello ao final do seu mandato?

Gustaríame que fora un Concello dinámico, bonito e atractivo para os propios veciños.