Un mozo de Covelas recupera a raza de vaca limiá en perigo de extinción

vaca 1
Un mozo de Covelas recupera a raza de vaca limiá en perigo de extinción

Iván Gil de 36 anos naceu en Asturias pero criouse na Limia. El foi un de tantos mozos que se viron afectados pola crise no sector da obra pública. Tras percorrer toda Galicia e parte de España traballando en diferentes empresas, chegou un día no que decidiu apostar por un negocio seu para garantir un futuro. O que tiña claro é que debía buscar algo que lle permitira vivir no rural onde construíu a súa casa e formou a súa familia.

vaca 2

Tras meses de trámites administrativos e moitas dores de cabeza, no 2014 viu nacer a súa explotación gandeira de vaca limiá, unha raza que se atopa en perigo de extinción hoxe en día. "Son vacas moi duras, viven fóra durante todo o ano e a súa carne ten un sabor especial ademáis aliméntanse de maneira tradicional, comen carqueixas, xestas....", destaca Iván que posúe na actualidade 40 cabezas adultas máis os becerros.

A súa explotación atópase en Covelas, no concello de Os Blancos. As súas vacas pastan polos terreos que posúe este mozo e ó tempo que se alimentan contribúen a manter o monte en boas condicións. "Estes animais limpan todo, é unha forma de previr incendios, ademáis teñen acceso ás zonas máis malas que doutra maneira quedarían abandonadas", sinala.

Iván está contento coa súa labor de gandeiro pero bota en falta máis axudas para os mozos que queren emprender no sector. "Os políticos teñen que mirar pola xente nova que quere buscar un futuro no rural, hai que impulsar traballos e evitar o despoboamento das zonas rurais onde se buscan oportunidades de emprego na agricultura ou gandería", argumenta.

VAQUITAS

O certo é que para iniciar un proxecto na gandería por exemplo, cómpre dispor dunha cantidade de diñeiro importante. "Unha vaca vale 1000 euros e o mínimo para comezar son 31 vacas, co cal un rapaz novo é complicado que poida dispor destas cantidades por iso debería haber máis axudas sobre todo si queren que nos quedemos e non marchemos fóra na busca de emprego", apunta Iván que no 2014 foi o único autónomo que se deu de alta no seu concello en 5 años.

Os comezos sempre son complicados pero pouco a pouco a súa explotación vai medrando. Conta coa axuda da súa parella e entre os dous sacan adiante o gando que logo venden a algunha carnicería pero sobre todo a particulares. Teñen unha páxina na rede social Facebook onde poden entrar en contacto con eles para mercar ou ter máis información e é "Ganderiría Limiás da Limia".