Non se pode ofrecer algo no que non creemos nos (2ª Parte)

Maiye Joga 2
Non se pode ofrecer algo no que non creemos nos (2ª Parte)
A PORCENTAXE DE RESIDUO DE GRANXA E MOI SUPERIOR O PODER DE ABSORCIÓN DA AGRICULTURA? Non. Sería un problema...
A PORCENTAXE DE RESIDUO DE GRANXA E MOI SUPERIOR O PODER DE ABSORCIÓN DA AGRICULTURA? Non. Sería un problema si non houbera a agricultura que hai. Si o noso sistema de drenaxes, e canles funcionara correctamente, ese produto entraría n aterra. Si os sistemas non funcionan e cando eses produtos quedan por arriba e van a para o río e ós embalses.Aí xa se esta interrumpindo o ciclo normal. A orografía filtra pero non absorbe. QUE SE FAI NOUTROS LADOS? Aquí en Galicia con respecto a España, xa non a Europa hai que recoñecer que vamos moi atrasados. Si nos desprazamos a Europa, vemos que estamos a anos luz. Aquí estamos moi deixados. Mesmo en Castilla-León a administración está moito mais implicada. Nos seguimos sendo moi individualistas. Para iso está ADEGAL, para que non sexamos individuos. Os nosos agricultores aínda non se presenta cunha tarxeta de gandeiro ou de agricultor. Hai que presionar a administración para que axude e apoie , para poder modernizarse etc. QUE PASA COA ZONA ZEPA.?Para Europa non somos considerados zona agrícola nin gandeira. Aquí somos considerados zona ZEPA, isto leva consigo moitas dificultades para toda actividade deste tipo. Si a administración non te axuda, non hai nada que facer. Este si é un problema para a zona a moi curto prazo. Como nos vai a supor a implantación da nova normativa. Ninguén explica como nos vai a afectar. O plan director está en vigor dende o 1º de marzo e este novo plan si nos afecta, no sentido de afectados. Si un agricultor quere por en funcionamento terras que están herdas, a ZEPA, non deixa explotalas. Si tes unha iniciativa empresarial, a cousa e moi complicada, case imposible. Os trámites alárganse unha barbaridade. Calquera actividade necesita unha autorización , mesmo para cambiar o tellado a unha granxa. Neste tema da ZEPA a nos mentíusenos. Díxose que ía a saír una normativa específica para a nosa zona e resulta que por exemplo é a mesma que a das illas Cies. Xa ves o que nos parecemos unha zona e a outra. A quen beneficia entón a ZEPA. O plantexamento veu de Bruxelas.Politicamente a ninguén lle interesou en onde caía ou non, independentemente dos gobernos existentes. Os gobernos foron pasando datos a Europa, e neste momento Europa pensa que esta é unha zona SEMI-ESTEPARIA, non agrícola. A agricultura da Limia depende das granxas. Si non houbera ese abono orgánico non había tampouco agricultura, nin patacas nin cereais. Este ten que ser un binomio que ten que seguir unido. A idea que se ten do traballo que levan os agricultores da Limia e totalmente errado. O traballo dun agricultor e o longo de todo o ano. HAI PROXEECTOS EN MARCHA ? O que fai falta e cerrar o ciclo produtivo, e iso vaise ver en pouco tempo. Haberá novas industrias que pechen o ciclo da agricultura. QUE HAI QUE FACER PARA NON ESTAR SEMPRE PENDENTES DO PRECIO DA PATACA? A diferenza con Alemánia, por exemplo, é que alí un agricultor que bote 70 hectáreas, non as dedica todas o mesmo produto. Nesas 70 hectáreas adica o 25% a cultivos diferentes. Isto a priori fai que cada zona tarda 4 anos en volver a recibir a mesma plantación. Outra das acción que ten que facer ADEGAL é axudar os agricultores que vaian a outros sitios e ver as posibilidades de levar a cabo iso aquí na Limia. Con ríspeto a esta crises a Limia ten a sorte de que a agricultura e a gandería está tirando da economía. Aquí non hai turismo nin industria. Pouco a pouco este sector está a embestir a crisis.