Non se pode ofrecer algo no que non creemos nos (PARTE 1ª)

Mayte Joga (Pta. ADEGAL)
Non se pode ofrecer algo no que non creemos nos (PARTE 1ª)

Temos que aprender a vender os nosos productos, se non moi mal nos vai a ir. Que pasa con eses residuos ...

TEMOS QUE APRENDER A VENDER OS NOSOS PRODUCTOS, SE NON MOI MAL NOS VAI A IR.

QUE PASA CON ESES RESIDUOS DAS NOSAS GRANXAS? VERDADEIRAMENTE E VERDADE AS TEORIAS DOS DIFERENTES COLECTIVOS ECOLOXISTAS, DE QUE VAN A PARAR O RIO E O EMBALSE? POR QUE NON SE FAI A PREGUNTA DOUTRA MANEIRA.., CANTOS DESES RESIDUOS SON APROVEITADOS POLOS NOSOS AGRICULTORES? POR QUE ESES DATOS NON SE ANALIZAN?....

A Presidenta de ADEGAL responde sen pelos na lingua a todas as cuestións presentadas por dendealimia.com sobre ADEGAL, Asoc. de empresarios ,agricultores e gandeiros da comarca da Limia, incluídas as referentes o escabroso problema da contaminación que está a orde do día. Como si de un lanzamísiles se tratara, Mayte comeza a exteriorizar todo o que según ela non entende de todo isto. Ata ben pasados os 10 minutos, non tivemos ocasión de meter baza. Véselle, non solo convencida si non ilusionada co poder que ten e terá ADEGAL no futuro desenrolo desta comarca, que quéirase ou non é agrícola e gandeira, e dela temos que vivir eses sectores e o comercio e a industria , que o final somos todos. Para comezar, síntese moi contrariada pola actitude de moita xente de falar do mal que estamos e do mal que se están a facer as cousas, no que respeta a agricultores e gandeiros. Non entende por que nos empeñamos en poñernos a nos mesmos unha cruz. Se non falamos ben dos nosos produtos, non podemos despois intentar polos no mercado. Sobre a contaminación di que tamén o embalse de Cachamuiña ten cianobacterias, e en Ourense non hai nin gandería nin agricultura, polo tanto haberá que estudar as cousas de outra maneira e non cargar solo as tintas sobre os mesmos sempre, neste caso os mais débiles. Nos dende fai un ano que isto empezou facémonos esta pregunta “ nos defendemos desde aquí que nin os agricultores somos tan malos tan malos, nin os gandeiros tan malos, nin estamos a facer as cousas tan mal tan mal” Entendemos que estas actividades pódense compatibilizar con unha vida mais ecolóxica. O que temos que facer é achegar posturas, non continuar cada un nos polos opostos”, isto referido os plantexamentos dos ecoloxisticas. Esta foi dende sempre unha zona agrícola moi potente e unha zona gandeira cada vez mais potente tamén, pero que xa está ahí, e o que si está claro e que foi, é e será o motor da comarca. O que hai que buscar unha solución que compatibilice as dúas posturas, unha cultura mais ecolóxica, pero tamén unha cultura empresarial de nivel.

QUE PROPON ADEGAL. Os técnicos de ADEGAL, están a asesorar os agricultores sobre os novos produtos fitosanitarios, fanse cursos, visitas a outras zonas de Europa para ver o que alí fan, pero claro, nun ano solo non vamos a cambiar todo. Son pequenos cambios para evolucionar. Tamén sobre isto temos que dicir que nesta comarca se utilizan os produtos que están regulados e permitidos. Existe un total sometemento a legalidade. COREN é socio de ADEGAL? Non , Coren e unha empresa importante na Limia, que da moitos postos de traballo, pero que non está asociada a nos. Nos , cando ven unha persoa física non se lle pregunta si está en Coren ou non. Eiquí están os gandeiros. QUE GRADO DE CULPA PODE TER COREN EN TODOS OS RESIDUOS Coren xera moita actividade e polo tanto moitos residuos, como é lóxico, pero hai que mirar para todos os lados. HAI NOVIDADES NO TRATAMENTO DE PURIS NA LIMIA? Estase evolucionando neste campo. Dentro dunhos días presentarase o proxecto LIFE REGENERA LIMIA , que é experimental e temos que ver o seu resultado.Todas as granxas novas que se están montando xa teñen unhos sistemas novos de tratamento de residuos. Tamén se lle esixe as granxas antigas que adecúen as súas instalación as novas normativas. Isto é unha evolución, pero isto non se fai en tan pouco tempo.

QUEN TEN QUE FACER ESA PROPOSTA A LARGO PRAZO?

Todos teñen que poñerse a tirar do carro, agricultores, gandeiros, almacenistas , transformadores, concellos, Xunta e Goberno Central, e o que une a todos e ADEGAL. Dende ADEGAL, estase a solicitar da administración un montón de cousas. Unha delas, con respecto os agricultores estamos fartos de pedir que se instale un “CENTRO DE VERTIDO DE RESIDUOS”. A xente non pode tirar os residuos onde queira, pero a administración tennos que prover dese sitio . A propia administración recoñece que existe un déficit. ADEGAL esta sendo vehículo de demanda deses servizos, posto que o agricultor non quere estar sufrindo continuas denuncias. Igual cos gandeiros.

ADEGAL, tamén asesora a agricultores de outras comarcas, como poden ser de Maceda. O último estudo que obra no noso poder di que o índice de contaminación da agricultura era insignificante.O que si se dicía era que existía unha contaminación a temas orgánicos, pero os orgánicos non solo son as granxas. Entón nos facemos outras preguntas, Ten Xinzo unha depuración das súas augas como manda a normativa, Teñen os pobos unha rede de saneamento como manda a comunidade? Hai que ir un pouco mais alá.e preguntarnos que si a administración quere adecuar as depuradoras, posiblemente sexa porque non se está a facer ben. Pode haber alguén que faga malas prácticas agrarias . Estamos a espera deses datos e logo nos presentaremos os datos que nos teñamos. Nos non descofiamos, pero despois faremos os nosos análises . Calquera persoa pode pedir outros análises, posto que tamén depende dos puntos onde se collan as mostras. Unha vez recibidos faremos as nosas conclusións. Para nos eses datos non supón ningunha ameaza.Aquí a agricultura e unha gandería que van parellas. Un porcentaxe alto de todos eses puris, son reutilizados nas propias terras. FIN DA PRIMEIRA PARTE...