8 de noviembre de 2016, 22:37
Chámase Miguel A. Dominguez e ten 33 anos. É Licenciado en Dereito e Informática, pero dende hai un mes, traballa nunha granxa de Xinzo axudando a darlle de comer aos becerros e limpándoa.
“No me asusta nada este trabajo; también mi padre, cuando tuvo que emigrar de Galicia a Venezuela, empezó trabajando en una granja y yo de pequeño lo veía y ayudaba”.
A partires do sábado coñeceremos o que Miguel A. pasou en Venezuela ata que tomou a decisión de coller á súa muller e aos dous fillos para regresaren á terra de seu pai e avós, deixando un bufete de avogados propio en Maracay. Da noite para a mañá atopábase traballando nunha granxa con becerros.