As patacas fritas de maior calidade de Galicia saen de Piñeira Seca

guays 2
As patacas fritas de maior calidade de Galicia saen de Piñeira Seca

Patatas Fritas Guays recibiu un premio polo valor dos produtos e a súa traxectoria empresarial

O feito de ser a primeira empresa en España que planta o produto e logo o transforma dende hai 24 anos, merecía un recoñecemento. Así lle aconteceu a Patatas Fritas Guays que o 18 de decembro foi galardoada coa "Estrella de Oro" pola calidade do seus produtos e a súa traxectoria empresarial. O premio otórgao o Instituto para a Excelencia Profesional. O acto de entrega tivo lugar en Madrid e ata alí chegou a representación da Limia con esta empresa que se atopa en Piñeira Seca.

"O meu pai provén dunha familia de agricultores e nun intento de darlle un auxe a pataca en cru ocurriúselle empezar a fritila", sinala o responsable do departamento comercial, Adrián Sotelo. E así foi, en 1992 seu pai tivo a idea de engadirlle un valor á pataca crúa e logo de varias propostas, decidiu fritila ó estilo tradicional. Tras varias probas atopou a fórmula exacta e lanzouse ó mercado. "Esforzámonos ó máximo para sacar un bo produto, de feito nós cultivamos a pataca, levamos máis de 20 anos investigando o tipo de abono e regadío para recoller o mellor", apunta Adrián.

Posúen preto de 30 hectáreas para plantar as súas patacas. finca

Cada ano recolectan arredor de millón e medio de quilos. Miman moito a súa materia prima, de feito dende que saen da terra pasan ata catro procesos de selección. "Temos máis gastos de producción pero eso permítenos ter patacas todo o ano, temos unha cámara de conservación e a pataca mantén a súa calidade en todo momento a unha temperatura duns 10º", comenta Adrián.

Día a día buscan mellorar, por iso agora van introducir un aceite que axuda a manter a concordancia entre o colesterol bo e o malo. De feito, as súas patacas fritas conteñen un 28% de graxa, cando a media se sitúa nun 34%.

Patatas Fritas Guays, cun equipo de seis persoas, están presentes en todo o proceso produtivo, dende que a recollen na finca ata que saen empaquetadas para a sua venda.

Traballan toda a semana de 8h a 16h,agás os venres que paran ás 12h para levar a cabo tarefas de limpeza. guays 1

O seu esforzo por elaborar un bo produto repercute tamén nas súas vendas que se reparten por toda Galicia, Castela e León, País Vasco e mesmo Alemaña. Agoran traballan co feito de expandirse a outros terreos como grandes superficies comerciais, por iso xa teñen en marcha a creación dunha liña de bolsas de embase. Outro proxecto de futuro é lanzarse á venda online.

guays

A receita do éxito é sinxela, pataca da variedade agria, un pouco de sal e un bo aceite. Con todo isto conseguiron este premio que os avala como mellores produtores de pataca frita da contorna que lles da auxe para seguir elaborando oque Adrián define como " unha pataca natural con sabor a pataca".