Preto do 80% dos 7 proxetos de cambio de iluminación LED xa están en marcha

Rafa Penabad nunha das rúas do casco vello, xa iluminadas con led
Preto do 80% dos 7 proxetos de cambio de iluminación LED xa están en marcha
1.200 luminarias novas en Xinzo e ata 4.700 nos pobos do concello

Estes dúas últimas semanas, comezando polos pobos, xa estamos a “ver” polas rúas os traballos de cambio de luminarias públicas por LED, que o concelleiro responsable directo Rafa Penabad, adianta que espera que esté rematado ao 100% antes que finalice este ano.

1.200 LUMINARIAS NO CASCO URBANO DE XINZO

Rúa Marcelo Macias coa nova iluminación
Rúa Marcelo Macias coa nova iluminación

O casco urbano de Xinzo ten dous proxetos, xa comezaron os dous. Este proxeto foi adxudicado pola empresa de Celanova Del Caño, moi coñecido na nosa vila.

As outras empresas adxudicatarias son entre outras Élite, de Xinzo e Misturas de Ourense.

Esta é unha maneira máis, para que o concello de Xinzo colabore coa petición do goberno de aforro enerxético. Estamos pasando de ter farolas de 100 e máis w a lámpadas de 30/40 w. Si é verdade que algunhas luminarias que se porán nas dúas avenidas da vila poidan ter uns poucos máis, nunca chegando a 100.

Entre todas as 4.700 farolas haberá varios tipos de luminarias, así como distintos tonos de luz segundo o lugar que se poñan, e da zona.

Unha vez rematados os proxetos vamos notar unha gran diferencia. A partir dese momento cando andemos polas rúas vamos poder vernos as facianas, cousa que en moitas das rúas do casco vello, sobre todo isto e imposible.

A partir dese momento vamos a pagar, pero vamos a ver.

CATENARIA POLO CAMIÑO DE SANTIAGO

Concelleiro responsable dos proxectos-Rafa Penabad
Concelleiro responsable dos proxectos-Rafa Penabad

No tramo urbano do camiño de Santiago que ven dende a avenida de Madrid e pasa pola rúa dos viños, a iluminación será de catenaria, ou sexa as farolas estarán polo medio da rúa, imitando a que xa tivo nos seus tempos esta mesma rúa. Isto faise por estética e tamén porque os veciños non sufran a iluminación nas suas fiestras. Isto non se puido facer en outras rúas por custe.

FOI UN PROXETO BASTANTE AMBICIOSO.

Despois de levar máis de dous anos enfrascado practicamente todos os días no proxecto do cambio de sistema de iluminacióna led, tanto pola parte da alcaldesa Elvira Lama, do concelleiro Moncho, e eu (Rafa Penabad) que percorrin moitos concellos de Galicia estudiando o que eles fixeron e están a facer. A diferencia é que na maioría optaron por facer un ou dos proxetos por ano, en cambio nos decidimos facer os 7 nos que está dividido nunha sola acción. Isto leva consigo un traballo moi concentrado de seguimento diario e sobre todo dunha inversión moi grande, no noso caso máis de dous millóns de euros en tan solo tres meses de execución.

MOITO CONTROL

Como estábamos tan implicados Elvira Moncho e máis eu, estamos sendo nos os que visitamos as instalacións.O proxeto é moi grande e o concello non ten inxeneiros, co cal foi moito máis complicado tomar decisións.

REGULACIÓN DE INTENSIDADE POR HORAS

O concelleiro, que non disimula a súa satisfación persoal, sigue a comentar que todo o alumeado está agora dividido en moitos cadros de mandos que regulan moitos parámetros co cal unha vez que funcionen todas as luces iremos programando non solo a intensidade segundo que zonas se non tamen por horarios. Non será o mesmo as 10 da noite que as catro da mañá, co cal a optimización do consumo será maior, incluso en fin de semana.

Unha luminaria cada dous veciños

Nesta macrointervención no alumeado completo de pobos e vila de Xinzo vanse cambiar, cando esté rematado máis de 4.700 luminarias, co cal o dato é simple. Haberá unha luminaria nova cada dous veciños. Os prezos das luminarias novas van dende os 140/150 € as mais baratas hata máis de mil as máis caras, que son precisamente as das catenarias.

Proxectos pensados, propostos e resoltos na mesma lexislatura

Rúa principal pendente de iluminación led
Rúa principal pendente de iluminación led

Este é un dos proxetos que se “pariron” ao comezo da lexislatura, se proxetou e se rematará na mesma lexislatura. Para rematar a conversa, Penabad, apunta que este non foi o único proxecto tamén pensado, presentado e executado dentro da lexislatura,outros proxetos presentados e executados dentro dos catro anos están o do Padel e o vial ata o campo de futbol. Casualmente estes tres pertencen a concellerías que dependen de Rafa Penabad. E moi sorrinte di, e isto non queda aquí.