A ROMARÍA DA SAINZA PRESUNTA CAIXA B

60
A ROMARÍA DA SAINZA PRESUNTA CAIXA B

Entrevista a ex-concelleiros do PP (Parte II)

O incruento combate entre mouros e cristiáns é a alma da festa da Sainza. Este Ataque dende a pasada celebración da romaría e inhabilitación de Ambrosio, vense levando a cabo na casa consistorial. Os dous exércitos, encabezados un por Manuel Ferreiro e José Antonio e o outro por Xaquín Rodríguez Ambrosio e as súas hostes combaten cada vez que hai pleno. Deus, a Virxe da Mercé , o apóstolo Santiago, Alá, o Islam e o profeta Mahoma son substituídos por unhas facturas.

O día 3 de febreiro de 2.001 constitúese a asociación COORDINADORA ROMARÍA DA SAINZA, que dende entón vense encargando da organización e xestión da celebración, na que aparece Ambrosio en primeira liña de batalla coma seu fundador. Co paso dos anos pasou a chamarse \“ A Torrecha\”, na que xa o alcalde aparece, presidente.

O modus operandi na organización dos festexos consiste en que o Concello, entre outras, tramita as opulentas subvencións chegadas da Deputación e da Consellería de Cultura e tamén pon ós operarios do Concello a expensas do evento sine die. E por outra banda a asociación xestiona os euros que lle pasa o Concello da subvencións, os do cobro das barracas , a caixa dos locais culinarios montados no campo da festa e incluso, cando se teñen atrevido, as cotas que doan os veciños. Esta asociación \“A Torrecha\” ata fai pouco o seu presidente era o propio alcalde , e a dirección e domicilio fiscal estaban no propio Concello. \“Presuntamente esta asociación famosa ten toda a pinta de ser as contas B do Concello\” afirma José Antonio.

A espoleta salta cando no cambio de xeneral en praza, a nova rexedora, pon enriba da mesa unhas facturas da festa da Sainza do ano 2.014 e 2.015, por un valor de 45.000€. Ferreiro, José Antonio e os dous concelleiros do PSOE néganse a aprobalas. Para máis inri, a Alcaldesa contrata a un asesor, que en palabras de José Antonio e Ferreiro , advírteos de que \“ non se vos ocorra aprobar estas facturas, porque en dita aprobación xa non falamos de inhabilitación senón que podemos estar ante un delito de cárcere\”. Ó que responde Ferreiro: \“ pois isto que nos estas dicindo repítello outra vez a Josefa Asunción que llo levamos facendo ver dende hai cinco meses\”.

Neste conflito aparece tamén un observador externo, que é a secretaria do propio Concello. Ó contrario do que afirmaba fai uns días Josefa Asunción, José Antonio e Ferreiro declaran que ten xa emitido un que outro informe de reparo.

O machismo ó que se refería a alcaldesa, pode facer pensar que aludía tal vez a situación bélica que esta vivindo. Pero dende que no ano 1.988 o Goberno español deixou ás mulleres poder formar parte do exercito, a muller está en igualdade de condicións. E ela ten a sorte, como din os do bando contrario de ter un estratego da categoría do mariscal Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio.