Sumar, Limisi nunca pretende dividir

image
Sumar, Limisi nunca pretende dividir
Nos somos unha asociación de familias, familias de todos os colores e o único que queremos é poder darlle servizo aos nosos usuarios e usuarias

Despois da decisión, por unanimidade de todos os partidos políticos que conforman a corporación de Xinzo, a unha proposta feita pola asociación Limisi, tal e como nos indica a súa portavoz Patricia Lamas , e despois de algunhas manifestacións, tanto personais como nas redes sociais de portavoces de algúns dos partidos presentes no tocante a querer apuntarse un punto a favor, quixemos saber o que opinaba a propia asociación do fito “case histórico” da unanimidade, tendo en conta que os partidos maioritarios sempre apoian ou non, segundo as directrices dos seus partidos a nivel autonómico ou nacional. Nesta ocasión o PP votou a favor da proposta, e en contra da proposta do goberno da Xunta.

Como analizas o fito de onte no Concello de Xinzo?

Patricia LamasAgradecemos a todo o mundo que nos apoie, comezando polos partidos políticos, e todos os veciños e veciñas da Limia. Isto é unha loita común. Nos o que queremos é sumar, nunca dividir, Limisi suma, nunca divide.
Estamos moi agradecidos polo de onte, que se unan todos os partidos políticos para apoiarnos nunha causa que entendemos moi xusta, alégranos moito e estamos moi agradecidos.
Limisi, despois dos acontecementos desta última semana decidiu, o que sempre vamos a facer, chamar a todos os representantes políticos e falar con eles nos nosos locais. Limisi non é de ningún partido político. Limisi o que quere e solucionar os problemas das nosas familias, que non son solo da Limia. Nestes momentos estamos a recibir persoas de Cualedro, Allariz e de Verín. Nos o que buscamos e unión.


CREACIÓN DUN GRUPO DE TRABALLO
Nos queremos formar un grupo de traballo con todos os partidos políticos e con todos os veciños e veciñas que queiran apoiarnos, para solucionar este problema, que non é solo de veciños da Limia, como dixen antes.

Non nos interesan nin personalismos nin crear liortas.

Nos o que queremos e ter servicios e dar servicios en principio aos que son os nosos usuarios e neste momento non podemos.

A PROPOSTA DA XUNTA NON SOLUCIONA ESE PROBLEMA PUNTUALMENTE?

As propostas da Xunta aínda están sen aclarar. Supostamente íanse publicar nun DOGA desta semana. O único que sabemos e por prensa. Nos vamos a esperar a que saia o DOGA, analizarémolo, estudiarémolo e veremos se as solucións propostas serven para a nosa asociación.

Nos traballamos sobre todo con terapias individuais, e o que está claro e que non podemos ir as casas dos 51 usuarios a darlles as rehabilitacións que necesitan en cada caso, porque isto sería inviable, ademais de, entendemos, sanitariamente moito máis contaminante. Nos estaríamos preparados para dentro das nosas terapias, cumprir coas normas sanitarias que neste momento están en vigor.