A SUPERWOMAN VIVE EN LAMAS-XINZO

Pepi1
A SUPERWOMAN VIVE EN LAMAS-XINZO

Josefa Molinos Barrio podería ser considerada unha superwoman

Antes de publicar a charla con Pepi quixera dicir , que un nestes casos sintese abrumado, posto que en tan solo 5 horas de madrugada o anuncio da entrevista chegou a case 6.000 persoas. Xa houbo comentarios na rede, de que hai máis mulleres como ela, e non o dubido, pero hai que coñecelas, e eu tiven a gran sorte de coñecer esta. Loxicamente isto non desmerece o mérito das outras\” superwoman\” de Galicia, pero tampouco llo quita a ela. Agora son vostedes os que teñen que ler e xulgar.

Josefa Molinos Barrio podería ser considerada unha superwoman

Alta, rubia ..cuarenta y ..sempre cun sorriso, que poderíase entender, despois de escoitar a súa historia, que pretende sexa unha pantalla. Pero despois dos 3 primeiros minutos de conversa, un dáse conta que ela está mais que orgullosa do que fai e das decisión que tivo que tomar o na súa longa vida de experiencias aínda de curta en idade.

Do metro de Barcelona as leiras de Lamas

Pepi2A súa historia, comeza fai uns \“cantos\” anos que traballando ela en Barcelona como administrativa e o seu home nun taller, queda embarazada. Naqueles anos de crise, a empresa non lle renova o contrato polo seu \“estado\” e o seu home perde tamén o traballo.

Si isto fora pouco aquí en Lamas o pai do seu home sufre unha enfermidade irreversible, quedando a súa granxa e as fincas de patacas, sen ninguén que se fixera cargo delas. Nese momento o seu marido proponlle trasladarse para Lamas e probar cos labores do campo.

A PRIMEIRA TEMPADA FOI MOI DIFÍCIL

Cando miña sogra me di que comece a munguir unha vaca. Ela dicía que ,aquela votaba o leite ela sola, \“é era verdade\”, pero eu por moito que o intentaba non había forma. Eu tiña acostumada as mans o bolígrafo e ó ordenador. Temen ía co meu marido no tractor, pero a min facíaseme moi costa arriba. Pero claro todo se aprende e eu acabei munguindo.

Eu pasaba as horas preguntándome que facía eu aquí, pero parecía que a cousa ía rulando.

Como di o refrán que non hai unha sen dúas, tamén o meu marido cae enfermo e en menos de un ano, quedei soia e con dúas fillas .

OU TIRAR, PARA DIANTE, OU PARA ATRÁS.Pepi5

Todo isto ocorre a pouco de recoller as patacas e o meu plantexamento non era fácil. Pedía opinión a parentes e veciños e todos me dicían que tirara para diante. A maquinaria estaba nova e loxicamente sen pagar de todo, as vacas tampouco eran unha panacea.

A colleita dese ano foi todo un espectáculo. A miña filla dicíame, a xente que pasa non deixa de mirar para as colleitadoras. Efectivamente, non deixaban de mirar, porque era moi difícil ver traballando nunha mesma leira tres colleitadoras xuntas. Eran as dós veciños, que unha vez remataron coa recollida das súas, viñeron todos a recoller as nosas. Realmente, nunca poderei agradecer os parentes e veciños o traballo daquel verán.

Cada vez me atopaba con máis forza e máis ilusionada de haber tomado a decisión de tirar para diante, eu sola, con dúas fillas, e repito moita axuda dos parentes e veciños nos momentos máis duros.

PERO TAMEN DI O REFRÁN QUE NON HAI DÚAS SEN TRES….

Cando a cousa volvía a endereitarse, a miña filla pequena , colle unha enfermidade, que según ós médicos da residencia, non se sabía a que era debida. A forza que demostrou a súa filla no tempo que lle durou a enfermidade, e despois de escoitar o seu relato, está claro que esa mesma forza multiplicada, foi a que lle transmitiu a Pepi.

Outro revés, e a seguir para diante. Queda outra vez sola e cunha soa filla .

VACAS DE LEITE POR TENREIROS E PATACAS POR TRIGO.

cats260 tenreiros , 40 Ha. de trigo e 15 Ha de prados.Transformou as súa granxa de vacas en tenrreiros e as fincas de patacas en trigo e tira outra vez para arriba. E todo isto, como se pode deducir, ela sola.

Agora ninguén se estraña de vela empacando nun tractor de moitos cabalos con toda clase de apeiros. Fai uns anos, cando se encontraban coela nas pistas, algúns conductores que non a coñecían, apartaban e paraban, por si acaso.

Xa tomou a decisión de non traballar os domingos. Se chove, que chova, pero os domingos solo lle fai a visita de rigor os seus becerros, pola mañá cedo, e despois antes dirse a durmir.

PREMIO DA XUNTA NO ANO 2009

Cando a chamaron por teléfono para dicirlle que lle ían a dar unha medalla na xunta, colgoulle o interlocutor, e á segunda vez que chamou, dixolle que \“por favor déixeme traballar\”.Logo veu o veciño e amigo, que xa o sabía, porque el fora o que fixera a proposta a Xunta, explicoullo todo.

Foron 21 as mulleres premidas, pero solo ela se adicaba o campo e gandería, sola.

Falando con ela, agora xa lle quita valor o que fai, pero está claro que Hollywood, perdeu unha boa oportunidade cando creou o persoaxe de SUPERWOMAN.

Pepi5ABOA FAI DOUS MESES

Ao final, temen nos confesa que agora xa ten outro motivo para estar aínda máis alegre, porque foi aboa dunha nena fai dous meses, e iso si que xa é unha categoría superior.