TODO UN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE XINZO

Alejandro e Bocelo
TODO UN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE XINZO

Chámase Alejandro Gómez Carballo, ten 18 anos naceu e vive en Xinzo

Hai días que un se levanta co bo pé coñece a persoas interesantes, que coma min ata hoxe poucos sabían del.

Chámase Alejandro Gómez Carballo, ten 18 anos e naceu e vive en Xinzo. Ata aquí parece que todo sería normal, pero si dicimos que é campión de España de Doma, entón xa a cousa cambia.

Encontrámonos con Alejandro na súa corte onde se deixa fotografar con BOCELO cabalo co que conseguiu o título antes citado e do que espera un futuro moi prometedor. A súa aspiración despois dos 5 anos que leva adestrando mais de 10 horas diarias será ser escollido no equipo nacional para representar a España nunha olimpíada. Recordar que a doma clásica, especialidade a que se dedica Alejandro, dende que acabou os seus estudos da ESO en Xinzo é unha especialidade olímpica.

A súa xornada comeza as 8 da mañá no hipódromo de Antela, xunto con 4 compañeiros mais as ordes do seu profesor Juan Francisco, un cordobés, que se trasladou a Xinzo fai 5 anos para dirixir o equipo J.F. Dresas. Xunto cos seus compañeiros ten que montar cada mañá , ata as 15 horas 4 ou 5 cabalos, de outros propietarios.

Pola tarde, na súa granxa ten que dedicarse ós seus 10 cabalos, entre eles o citado BOCELO.

Cando prepara unha proba, hai que preparar o cabalo para ela. O cabalo e un atleta, polo que hai que ilo preparando fisicamente, para que chegado o día de o mellor del .

COMO DEFINIRÍAS A TÚA VIDA CON RESPECTO OS CABALOS?

Eu levántome a cabalo e déitome pensando o que aconteceu en todo o día e no que teño que facer o día seguinte, dependendo de cada cabalo

CAL É O FUTURO INMEDIATO?

Pois este ano xa me toca competir en categoría sénior, co cal a primeira proba será a tempada próxima en Madrid.

Cóntanos que no hipódromo neste momento hai mais de 100 cabalos, propiedade de xentes de todo o mundo que os ten aquí para que os coiden e os adestren. Cando algún quere participar escolle o xinete e vamos a competir a onde quere o propietario.

Tamén como futuro non inmediato, ten na súa cabeza, continuar o traballo do seu profesor, o día que el decida voltar a súa patria chica.

Dende logo que vendo a foto de Alejandro xunto con BOCELO, está claro que os dous gozan dabondo traballando xuntos.

Esperamos que dende hoxe , haxa mais xente que saiba dunha actividade que se leva en Xinzo, onde dos 5 alumnos, catro son de fora da provincia .