“Todo o mundo me di que empeza co curso despois do Entroido”

IMG_1627
“Todo o mundo me di que empeza co curso despois do Entroido”
Ana Ruíz é licenciada en tradución e montou hai apenas un mes en Xinzo a academia de idiomas Master Language...

Ana Ruíz é licenciada en tradución e montou hai apenas un mes en Xinzo a academia de idiomas Master Language School

MARÍA FERNÁNDEZ ROMERO

maria@dendealimia.com

Twitter: @MariaFdezRomero

Estudou Tradución e Interpretación porque lle encantaba o inglés, pero ao probar ca ensinanza descubriu que a súa verdadeira vocación era transmitir a outros o seu amor polos idiomas. Chámase Ana, ten 24 anos e decidiu converterse en dona do seu propio destino montando unha academia en Xinzo de Limia.

Master Language School ten apenas un mes de vida pero Ana contounos que de momento está “moi contenta” coa súa aventura como emprendedora: “xa teño os meus grupiños de alumnos que me van dando para os gastos”. Ao abrir o centro a principios de febreiro Ana era consciente que a celebración do Entroido podería retrasar o despegue do seu negocio: “durante esta temporada a xente soamente ten os disfraces na cabeza”, explicounos rindo. E aínda que recoñece que lle teñen dito “empezamos co curso despois do Entroido”, o certo é que xa foron moitos os que se pasaron polo local que ten nas galerías da rúa de San Roque para informarse dos cursos que ofrece.

Os principais mecenas deste proxecto que ilusionou a Ana enormemente desde a súa xénese, foron seus pais: “cando lle contei a miña nai a idea encantoulle, pareceulle algo viable e moi adecuado para min”. O certo é que esta limiá xa tiña experiencia traballando en academias en Ourense, “cando vin como funcionaban as academias, pensei eu tamén podería montar unha!” asegurounos. E ao comezar a buscar locais para facer este soño realidade, “empezou a entrarme o gusanillo e recordo que pensei, agora ten que ser si ou si, porque senón vou quedar moi chafada”. E así foi, grazas a todo este empeño e axuda, a idea de Ana é a día de hoxe unha realidade.

Tódalas facilidades para estudar inglés

A oferta desta academia é moi ampla. “Teño cursos para todos os niveis e todos o idiomas”, explicounos Ana cando lle preguntamos sobre como se pode estudar inglés en Master Language School. Reforzo escolar, preparación de exames oficiais e ata un curso semipresencial pensado para aqueles que estudan fóra ou traballan, cunha hora de clase á semana o sábado á tarde e outras dúas de traballo autónomo onde queiras e como queiras. Ana sabe o importante que é darlle tódalas facilidades aos seus alumnos para conseguir que rendan ao máximo. Motivar é a palabra clave na ensinanza para Ana: “é o máis difícil de ser profe, pero tamén cando o consigo, é o mellor que me pode pasar”.

Para máis información sobre Master Language School, podes visitar a súa páxina web premendo aquí.