“Van ser uns meses complicados para os agricultores limiáns”. -Amador Díaz

IMG-20201031-WA0007
“Van ser uns meses complicados para os agricultores limiáns”. -Amador Díaz
A pataca limiana e a importancia de protexer o produto

A piques de rematar a colleita do producto estrela da Limia, quixemos ver como foi a campaña a nivel de colleita e como se presenta a nivel de comercialización. Para elo visitamos ao Presidente da Asociación de Productores de Pataca da Limia, e a vez Teniente de alcalde do Concello de Xinzo, Amador Díaz.

A primeira das manifestacións de Amador é a de que as restriccións na hostalaría, debido á presente crisis económica e social surxida a raíz do Coronavirus, comezan a provocar efectos coma a caída na demanda de patacas. Amador Díaz, presidente da Asociación de Produtores da Pataca, afirma que “van ser uns meses complicados para os agricultores limiáns”.

En canto á campaña deste ano, adianta: “A branca está sendo moi demandada a uns precios estables, pero non ocorre o mesmo coa variedade agria que se está a vender a uns precios máis baixos”.

Por sorte, a pataca agria entrou este ano na Indicación Xeográfica Protexida (IXP) da Pataca de Galicia -o que favorece lóxicamente á comercialización-. Neste sentido, Amador anima ós agricultores limiáns a “seguir o exemplo do viño e daqueles viticultores que operan en calquera Denominación de Orixe de Galicia”. Promove a importancia de inscribirse, aínda que sexa cunha parte da produción, para axudar á causa colectiva.

Pero, cal é o futuro da agricultura na Limia?

Amador Díaz afirma que se está a observar un relevo xeracional na agricultura limiana: “Afortunadamente hai moitas explotacións nas que os fillos continíuan co negocio familiar, algunhas produccións incluso creceron”. Non obstante, o membro da agrupación de produtores ten claro que os pataqueiros non reciben o recoñecemento que merece o produto co que traballan:

“O prestixio social dun agricultor de pataca non é o mesmo que o dun viticultor, e falamos dos mesmos termos: un produto que tenta cultivarse nas mellores condicións, partindo dunha calidade determinada e que debería ser promocionado ó máximo nivel”.

IMG-20201031-WA0006

Amador Díaz dá un toque de atención en forma de anécdota e expresa unha realidade que xoga en contra dos produtores limiáns. Ó seu parecer, hai varios problemas que dificultan a mellora das condicións de producción.

En primeiro lugar, a limpeza dos terreos: “Sempre que vamos á feira a Zaragoza, os agricultores están queimando as acequias, limpando as cunetas e os canles e aquí non somos capaces de cortar os salgueiros (...) Temos moito monte abandonado que podería estar producindo”.

Amador sinala tamén a importancia de contar cun plan de regadío regulado: “Creo que a Administración ten unha débeda coa pataca da limia; xa que estamos a falar da comarca agrícola máis grande de Galicia, o regadío nesta zona debería ser impepinable”.

Os concellos galegos non están preparados para asumir os custos de proxectos deste alcance; son accións que deberían emanar das administracións públicas, promovidas pola Consellaría do Medio Rural ou similares: “Especialmente cando se trata dunha comarca coas características que ten a nosa”, conclúe Amador. O 80% das parcelas que traballa son alugadas, e coma él, a maior parte dos produtores da Limia labran terreos dos que non son propietarios.

IMG-20201031-WA0005

Na súa opinión, dende os organismos públicos poderíanse promover algunhas medidas para potenciar o aproveitamento de hectáreas de monte que na actualidade están abandonadas ou axudar á limpeza desas zonas. “Non falo de deforestar Galicia, pero sí de mantela limpa para que non teñamos que vivir cada ano a vaga de incendios forestais á que xa estamos acostumados”, conclúe.

E os agricultores? “Nós temos que promover este tipo de iniciativas e actuar con respecto a estas cuestións. Aínda nos queda moito que aprender en canto a implicación, colectivismo e asociacionismo en xeral”.