Xinzo conta cun patrimonio románico moi interesante e moi ben conservado (PARTE I)

IMG_7360
Xinzo conta cun patrimonio románico moi interesante e moi ben conservado (PARTE I)

Fran Alonso, arqueólogo, é o fundador e director da empresa Estela Arqueoloxía e Patrimonio

Fran Alonso, arqueólogo, é o fundador e director da empresa Estela Arqueoloxía e Patrimonio , que foi a empresa encargada de levar a cabo o traballo de catalogación das nove igrexas románicas da Limia e rematar o traballo coa colocación dos paneis informativos.

COMO SE EMPEZA UN TRABALLO COMO ESTE?

Primeiro coñecer o que hai. Sabíamos que había un patrimonio importante, pero había que facer o traballo de campo para comprobalo. Fomos por cada igrexa, estudándoa primeiramente por fora. Non solo os elementos artísticos para comprobar se na súa construción había elementos arquitectónicos anteriores ao século XII.

O románico e un estilo moi interesante e en Xinzo hai 9 marabillas . Hai poucos concellos que teñan este patrimonio románico e tan ben conservado. Temos igrexas que están totalmente integras, tal e como se construíron no século XII , sen reforma posterior.Tamén hai outras que si se reformaron, cousa que non é malo.

SÉCULO MOI RICO EN GALICIA

IMG_7368O século XII caracterizase por ser unha época moi rica, hai unha agricultura moi puxante, inflúe o Camiño de Santiago e chegan as ordes monásticas de Europa , todo iso queda reflectido na arquitectura.

Outra época moi rica tamén e a do Barroco. Chega a pataca de América e o millo. Con todo isto volve a ser unha época rica, polo que as igrexas refórmanse e amplíanse, loxicamente co estilo reinante no momento.

Nos señalizamos as igrexas, como Románicas, pero tamén teñen parte de Barrocas. Estas obras de ampliación veñen dadas porque as xentes veñen chegando a estos lugares, polo que fai falla ampliar as igrexas e loxicamente faise co estilo arquitectónico do momento, neste caso o Barroco.

AS IGREXAS PLASMAN O EMPADROAMENTO MEDIEVAL

Fosilizan no paisaxe, onde estaba a xente no século XII. Como se pode ver no mapa que se fixo, as igrexas están nas zonas altas, non inundables, e dominando a aldea. Desta maneira os campesiños cando estaban nas súas labores de campo e levantaban a cabeza, sempre vían a igrexa que era entre outros poderes un dos dominantes. A igrexa, non solo era un lugar de culto, se non tamén un lugar de control.

Sorprenderiádesvos das esculturas que teñen as igrexas no seu exterior. Nas da Limia, hai moitas escenas de sexo…. PARTE II.