Xoan Jardón: “Vilar de Santos é un lugar atractivo para vivir”

Xoan Jardón
Xoan Jardón: “Vilar de Santos é un lugar atractivo para vivir”

Os seus servizos chegan ao cen por cen da poboación e é o único concello que ten un polígono industrial de propiedade municipal

O concello de Vilar de Santos non ten débito, está saneado. Os recursos que Xoan Xosé Jardón tiña a súa disposición foron empregados para mellorar os recursos públicos. A xestión foi correcta posto que se dedicaron a reducir custes sen incrementar os impostos aos veciños. Xoan: \“as axudas foron mínimas pero, ben administradas, non hai deudas\”.

A pesar da crises, conseguiuse mellorar os servizos públicos, a atención dos servizos sociais e municipais. Tamén se abriu unha vivenda comunitaria e ofrecese axuda a domicilio. Nestes momentos, estase pondo en marcha unha gardería para cubrir a atención infantil.

Vilar de Santos é un lugar atractivo para vivir polo nivel dos servizos posto que chegan ao cen por cen da poboación, ten moi boa comunicación. Ademais, é o único que ten un polígono industrial de propiedade municipal. Sen embargo, a este concello fáltalle mellorar os servizo sociais, ampliar o centro de dia e a promoción económica para atraer máis empresas e poboación.

Para os próximos catro anos, Xoan Xosé volve a propoñer a súa candidatura posto que foi a mais votada de Galicia: \“non houbo oposición política\”. Aínda así, Xoan confésanos que necesita mellorar en todo e principalmente en atraer mais poboación.