A cestería pervive en Entrimo

A cestería pervive en Entrimo
Relanzarase en agosto unha exposición desta arte tradicional na Porta do Xurés

"Gallaecia" é unha exposición permantente adicada ao traballo tradicional do cesteiro e será relanzada na Porta do Xurés o próximo mes. Esta colección de pezas de cestería, que proveñen de Galicia e Portugal, está na man de Chus Labrador.

O Concello de Entrimo tivo unha boa acollida cunha exposición similar o ano pasado polas mesmas datas, e esta boa recepción xunto coa colaboración de Áser Álvarez, consolidou e ampliou a colección con novas pezas como un unha mesa de traballo e diferentes expositores.

Algúns dos cestos están repetidos ou a restaurar polo que non todos están expostos xa que é unha colección inmensa.

A inauguración oficial da exposición terá lugar o día 7 de agosto. Ademais, contará cunha programación dominical con talleres para nenos a partir das 17:00 horas e para adultos a partir das 11:00 horas. Para os talleres de adultos precisarase de incrición previa.