lunes. 27.03.2023
Baixa Limia

Entrimo reforestará unha hectárea de bosque queimado

Haberá un obradoiro formativo sobre bosques.

reforestacion
reforestacion

O vindeiro domingo, día 18 de decembro, terá lugar unha xornada de reforestación baixo o nome "De cinzas a brotes" no Concello de Entrimo.

A cita está aberta á participación de todos cantos veciños e visitantes quixesen. O punto de encontro será o pavillón municipal de Entrimo, a partires das 10 horas. 

O obxetivo do proxecto é reforestar unha hectárea de terreo queimado neste concello da Baixa Limia.  O procedemento de reforestación será con "Nengo Dango" (bombas de sementes) e plantando árbores, coa finalidade de facer desa área queimada polos lumes intencionados do verán, un bosque comestible. 

Todo isto irá acompañado dun breve obradoiro sobre as fragas e bosques galegos, xogos e danzas –extraidas de Biodanza–para dinamizar o traballo que os voluntarios realizarán no monte.

Comentarios