lunes. 20.03.2023

    O incendio de Entrimo é o de maior dimensión que se rexistrou este verán en Galicia. As lapas arrasaron 3.000 hectáreas de monte dende que comezou o lume o pasado martes na parroquia de A Illa. 

A Consellería de Medio Rural informou ás 13.40h deste mediodía que o incendio quedou extinguido logo das choivas que caeron durante a noite do luns ó martes. As lapas que na súa orixe procederon de Portugal, chegaron a afectar tamén ó municipio colindante de Lobios. 

Nas labores de extinción participaron 13 helicópteros, 4 avións, 84 motobombas, 62 axentes, 164 brigradas, duas pas, un técnico, efectos dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais e bombeiros comarcais. 


 

Comentarios