O lume non dá tregua na parroquia de A Illa , en Entrimo, onde as lapas seguen deborando o monte. Segundo os últimos datos facilitados pola Consellería de Medio Rural, a superficie afectada é de 2.800 hectáreas.
O incendo que comezaba o martes ás 18.46h extendeuse ó municipio colindante de Lobios. Segue decretada a situación 2 na zona como medida preventiva.
No seu control traballan 1 técnico, 36 axentes, 90 brigadas, 47 motobombas, 2 pas, 10 helicópteros e 4 avións. Tamén colaboran efectivos dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais e bombeiros comarcais así como os veciños e veciñas.
Lobeira é outro dos concellos da Baixa Limia que tamén segue afectado neste caso por dous lumes. Ás 3.45h da madrugada os efectivos de extinción daban por controlado o lume na parroquia de Fraga. Con todo as lapas seguen en activo e van xa máis de 25 hectáreas afectadas. No lugar levan traballado 5 axentes, 12 brigadas, 7 motobombas, 3 helicópteros e 2 avións.
Tamén está controlado o incendio que se iniciou o xoves ás 13.10h nesa mesma parroquia de Lobeira. A superficie afectada é de 75 hectáreas e participan na súa extinción 7 axentes, 19 brigadas, 12 motobombas e 3 helicópteros.