Localizada en bo estado a muller desaparecida na tarde do luns cando recollía cogumelos cunha amiga en Entrimo

entrimo
Localizada en bo estado a muller desaparecida na tarde do luns cando recollía cogumelos cunha amiga en Entrimo

A muller desaparecida en Entrimo foi localizada onte luns ,segundo informa o 112 Galicia, foi unha patrulla da Garda Civil a que a atopou nunha zona de monte ao fío das 11:00 horas desta mañá.

A muller, de 40 anos de idade, atópase en perfecto estado de saúde. Con todo, foi trasladada ao Centro de Saúde do municipio para ser sometida a un recoñecemento.

Durante a mañá de onte participaron no operativo de procura varios membros do GES de Lobios e de Muíños, voluntarios de Protección Civil e a Garda Civil.

A muller levaba desaparecida desde as 19:00 horas da tarde de onte, cando estaba a coller cogomelos cunha amiga. Foi, precisamente, a súa compañeira a que deu a voz de alarma aos profesionais do Centro de Atención ás Emerxencias do 112.