RAMÓN ALONSO REPITE COMO CANDIDATO DO PSDEG-PSOE Á ALCALDÍA DE ENTRIMO

Ramón Alonso, candidato á alcaldía de Entrimo
RAMÓN ALONSO REPITE COMO CANDIDATO DO PSDEG-PSOE Á ALCALDÍA DE ENTRIMO
O SEU OBXECTIVO É SEGUIR TRABALLANDO DÍA A DÍA A PROL DA VECIÑANZA E MANTER A APOSTA POLO RURAL

O PSdeG-PSOE de Entrimo xa ten candidato para as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio. Trátase do actual alcalde da localidade, Ramón Alonso López, que repite como candidato co obxectivo de seguir traballando día a día a prol da veciñanza e apostando por uns servizos dignos e eficiente en beneficio dos veciños e das veciñas do municipio.

Ramón Alonso, candidato á alcaldía de Entrimo(2
Ramón Alonso, candidato á alcaldía de Entrimo(2

O actual alcalde de Entrimo subliña que se presenta a estas eleccións motivado polo “compromiso” e por “unha vocación que veño exercendo nos últimos anos e que me da as forzas para continuar ao fronte dun grupo de xente moi comprometida e a loitar polo futuro do noso concello”. Alonso destaca a “importancia” do rural e apunta a que “a pesar da difícil situación que atravesa o rural, especialmente en Ourense, temos claro que a aposta ten que pasar por aproveitar os recursos naturais que nos converten nunha zona cun atractivo turístico indiscutible”.