Abre ao público unha exposición pictórica sobre o Entroido

exposición
Abre ao público unha exposición pictórica sobre o Entroido

Poderase visitar durante todo o Entroido na Casa da Cultura de Xinzo de Limia.

Dende o 1 de febreiro e até o vindeiro día 5 de marzo, estará vixente e aberta a todos os veciños e visitantes interesados, unha exposición de pinturas, pastas, acrílicos e acuarelas do artista Narciso Corral.

A exposición ten como tema centra o Entroido e recibe o nome de "O noso Entroido". Poderá ser visitada na Casa da Cultura de Xinzo de Limia en horario de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21 horas.

Baixo o nome de "Entroidarte" o consistorio limián continúa a promocionar o Entroido máis famoso do sur da provincia. A idea é que poida ser visitada durante os días de festexo.