Alumnos dos colexios de Xinzo visitaron o Museo Galego do Entroido

nenosmuseo1
Alumnos dos colexios de Xinzo visitaron o Museo Galego do Entroido

Jesús Fariñas, da Asociación da Pantalla, explicou aos rapaces que unha pantalla deixa de selo no momento en que quita a careta. E que a face da pantalla só pode estar descuberta en interior –nunca en interior–. "Coa careta son unha pantalla, mais sen ela son Jesús, ou Pepe, ou Ramón", explicou o experto.

O Museo Galego do Entroido non para de recibir visitantes –fundamentalmente grupos– dende que a súa situación se estabilizou. No día de onte os alumnos dos derradeiros cursos do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia visitaron as impresionantes instalacións deste complexo museográfico. Jesús Fariñas Diz, da Asociación da Pantalla foi quen guiou aos rapaces no mundo do entroido limián e galego.

Mais a cousa non ficou aí. Hoxe foi o turno dos alumnos do último ciclo de Educación Primaria do CEIP Carlos Casares –o outro colexio do municipio–. Ao igual que os seus compañeiros do Rosalía ficaron marabillados polas explicacións do guía ante a presenza dos seus profesores. Fariñas explicou, entre outras cousas, que unha pantalla deixa de selo no momento en que quita a careta. E a face da pantalla só pode estar descuberta en interior –nunca en interior–. "Coa careta son unha pantalla, mais sen ela son Jesús, ou Pepe, ou Ramón", explicou o experto.

nenosmuseo2

Así mesmo, o Concello de Oleiros (A Coruña) vén de anunciar a organización dunha excursión a Xinzo de Limia para visitar o Museo Galego do Entroido, o vindeiro día 19 de febreiro, coincidindo con este Domingo Corredoiro. Os veciños e veciñas oleirenses visitarán tamén o Museo Etnográfico da Limia.

O MUGAE traspasa fronteiras provinciais, nacionais e internacionais.