O colexio de Rairiz de Veiga visitou hoxe o Museo do Entroido

IMG_4768
O colexio de Rairiz de Veiga visitou hoxe o Museo do Entroido

Alumnos e alumnas do Colexio de Infantil e Primaria do municipio limián de Rairiz de Veiga visitaron na mañá de hoxe as instalacións do Museo.

Alumnos e alumnas do Colexio de Infantil e Primaria do municipio limián de Rairiz de Veiga visitaron na mañá de hoxe as instalacións do Museo Galego do Entroido en Xinzo de Limia.

Unha das principais actividades nas que o novo xestor do centro museográfico, Iván Prado, está a poñer máis fincapé, é nas visitas de centros de ensino –institutos e colexios– da comarca e de fóra dela. O de Rairiz foi o último en visitar as instalacións, onde os máis pequenos desfrutaron das cores e traxes tradicionais do entroido galego así como das explicacións sobre a súa historia que o guía lles brindou.

O Museo atópase nunha etapa na que busca tamén mellorar a experiencia dos visitantes para se converter en referencia a nivel galego e estatal. "Queremos que a experiencia do visitante se convirta nunha visita máis dinámica e menos estática", afirmaba semanas atrás Iván Prado en entrevista a este medio.