Pola mañá a Praza Maior deleitábase e sorprendíase coas lavandeiras no río, que fixeron que dende os “tradicionais do entroido” ata os mais modernos gozaran dunha representación, solo posible no entroido de Xinzo.
E para que o día seguirá sendo espectacular , no que se refire a o tempo e a cantidade e calidade de disfraces, comparsas e conxuntos, o espectáculo dun nivel incalculable chegou a iso das nove da noite.Unha das interpretacións en vivo e en directo que posiblemente non volvamos a ver en moitos anos. O derroche de traballo, de imaxinación, e de representación fixo que o Moulin Rouge pase a ser un referente do antes e o despois deste ano en canto a representacións carnavalescas con calidade e “saber facer”, que o fin, é o que define, distingue e fai único o entroido de Xinzo.
Resaltar tamén o esforzó do responsable do posto de protección civil, que ata sin luz, e con moito frio, mantívose no seu posto, nunca mellor dito, “contra vento e marea”.
https://www.youtube.com/watch?v=4JceMZgu2Kk&feature=youtu.be