25 de febrero de 2017, 0:02
As rúas de Xinzo, nun día que si se pedirá, ninguén o pediría mellor, ateigáronse de xente dende primeiras horas da mañá para non perder o que despois se vería, nun soborde de imaxinación, fantasía e colorido, posto por mais de mil cincocentos nenos e nenas dende os 3 anos ata os 15. Tamen acompañaron maiores que non quixeron perder o día de sol desfilando disfrazados polas rúas de Xinzo…non vaia ser que o martes chova e se teña que suspender…
Tódolos centros escolares da vila e os da comarca uníronse para facer do desfile do venres infantil sexa xa sen dúbida un dos mellores da provincia.
Fotos: X. García , para dendealimia.com