O. Ferreiro
1 de febrero de 2017, 22:31
Hoxe, mércores día 1, tivo lugar unha nova reunión entre os directores dos centros educativos da comarca da Limia e máis a Concellería de Cultura e Festexos de Xinzo de Limia para organizar o desfile infantil que terá lugar no Entroido 2017.
A xuntanza estivo presidida polo edil do ramo, Luis Miguel Gil.
Case 2000 persoas –entre alumnos, mestres, nais e pais– participarán do desfile polas rúas da capital limiá o venres 24 de febreiro a partir das 11:30 horas.