O MUGAE organiza unha xornada arredor do Entroido como patrimonio cultural

xornada2
O MUGAE organiza unha xornada arredor do Entroido como patrimonio cultural

Será nas instalacións do Museo Galego do Entroido.

O MUGAE –Museo Galego do Entroido–, en colaboración co Concello de Xinzo de Limia e a Deputación de Ourense, organiza unha xornada divulgativa sobre o Entroido.

xornada0

A cita terá lugar este 3 de febreiro a partir das 19 horas. Haberá duas mesas redondas onde se contará coa presenza de prestixiosos poñentes como o antropólogo Manuel Mandianes, o xornalista Federico Cocho ou o investigador Xerardo Dasairas.

As mesas redondas están pensadas para que sexan participativas e dinámicas, fuxindo do tradicional formato da conferencia. A intención é facer que tanto os poñentes como o público poida expór unha opinión crítica dos temas a tratar co obxectivo teleolóxico de chegaren a un punto en común –se for posible–.

xornada1

Tralas mesas redondas haberá tamén una degustación de diferentes pratos típicos do Entroido, acompañada de música en directo.

Aproveitarase tamén a celebración da xornada para inaugurar unha exposición monográfica sobre o Entroido a cargo de Fernando Seadur.