As olas sobrevoaron Xinzo

IMG_7967
As olas sobrevoaron Xinzo

As mellores fotos da xornada do Domingo Oleiro en Xinzo de Limia.

O Entroido de Xinzo voltou a non decepcionar. Centos de persoas desfrutaron onte, na capital da Limia do segundo dos domingos previos ás xornadas grandes do Entroido.

IMG_4809

O tradicional xogo das olas comezou pasadas as 12:30 horas, tralo previo paseo das olas polas principais rúas do Casco Vello da vila.

IMG_7974IMG_7972

A choiva non logrou empañar unha xornada máis que festeira coa ola como protagonista. Algúns aproveitaron para comezar a sacar os seus disfraces máis orixinais.

IMG_7989IMG_7993

Na noite anterior, o lume dos fachucos alumeara o paso do Meco polas rúas de Xinzo até o seu destino final pendurado na Praza Maior. O Meco foi pendurado, previo desfila, ante a atenta ollada de centos de persoas enfeitadas ao estilo dos anos 20.

IMG_4810IMG_4811IMG_4812

Pero a festa continuou do sábado noite cara o domingo. Ás 13 horas foi o turno dos máis pequechos do municipio co Oleiro infantil na Praza Maior. E xa tralo xantar, ás 16:30 horas, volveu pasear o carro das olas polos vieiros. Media hora máis tarde, ás 17 horas, deu comezo o Oleiro sénior polas rúas e prazas do centro de Xinzo de Limia. E alá foi un novo domingo. Os entroideiros máis veteranos xa comezan a contar as horas que quedan para a chegada do Corredoiro.

IMG_7956IMG_7950IMG_7939