E as pantallas voltaron a mandar en Xinzo (e o que queda...)

IMG_8075
E as pantallas voltaron a mandar en Xinzo (e o que queda...)

E as pantallas voltaron sair á rúa un ano máis. Bailes, charangas, disfraces e moita festa como resumo da grande noite do Corredoiro na capital do Entroido.

O terceiro dos domingos grandes do Entroido de Xinzo de Limia, o Corredoiro, pasou con éxito polas rúas da capital da Limia. É nesta importante xornada o primeiro momento no que saen as rúas as protagonistas esenciais do Entroido de Xinzo, as seculares Pantallas, representativas desta gande festa popular. Estas toman as rúas coas súas andainas, bailes, festas, bromas e brincadeias habituais. Sempre armadas coas súas vexigas de porco, iso si, deron mostra de que a tradición está máis viva ca nunca.

Na xornada o dendealimia.com atopou disfraces para todos os gustos. Mesmo se puido ver á Infanta Cristina co seu marido paseando pola vila.

IMG_8085

IMG_8053IMG_8041IMG_8044IMG_8101IMG_8098

Segundo se ía achegando a noite do sábado, as charangas comezaron un longo percorrido polas rúas principais da vila para desembocaren na Praza Maior da localidade, onde unha grande carpa se converteu no epicentro da festa limiá.

O dendealimia.com tam´ne estivo presente, dalgunha maneira nos traxes do entroido. Alguén quixo representar a unha coñecida veciña do municipio que, tan só uns días antes, defendía no noso Facebook que "mi pueblo siempre fue Ginzo y siempre lo será". Houbo recollida de sinaturas e todo...

IMG_8138

Non faltaron tampouco os moteiros reuníndose para a ocasión...

IMG_8110

O que fica claro é que temos tradición para moito tempo, habida conta da nova xeración de pantallas que xa está sáindo dos cascaróns.

IMG_8116IMG_8112

IMG_8123

Xinzo prepárase agora para afrontar os días máis importantes do Entroido. Será a partir deste venres, co desfile infantil como introdutor, cando comecen os cinco días máis agardados desta festa case milenaria. A comisión organizadora atópase ultimando estes días os últimos detalles en materia de limpeza, seguridade e decoración.

O Entroido de Xinzo hai que vivlo con intensidade, aínda que algúns rematen con esta cariña xa ás 11 da mañá do domingo. (Os do dendealimia.com estamos en todo).IMG_8039