WhatsApp, Facebook e Instagram, os grandes protagonistas do Entroido de Xinzo

IMG_8273
WhatsApp, Facebook e Instagram, os grandes protagonistas do Entroido de Xinzo

E para mostra... un botón en forma de fotografías tomadas polo equipo deste xornal no día de onte polas rúas da vila limiá. E é que por máis que nos resistamos, o presente tecnolóxico deberá convivir co pasado tradicional se queremos preservar o importante e avanzar no necesario.

Nos últimos anos acudimos a unha constante chamada a conservar as tradicións propias do Entroido de Xinzo de Limia. Dende o consistorio, a comisión organizadora, o MUGAE ou as pantallas máis veteranas, emprázannos a coñecermos mellor a intrahistoria desta festa case milenaria para non rachar cos protocolos máis tradicionais.

IMG_8268IMG_8280

Que se a pantalla sempre debe levar a careta posta no exterior, que se o traxe, que se as vexigas... Mesmo podiamos ver nas redes sociais deste mesmo xornal como, ante os destrozos causados polos entroideiros na pasada noite, alguén lembraba que esta festa sempre fora diurna. Están os que afirman que se converteu nun botellón nocturno e os que seguen loitando por manter viva a tradición.

IMG_8279IMG_8277

Mais a sociedade avanza a pasos axigantados. Hai anos a xente miraba os disfraces dos demáis con dous ollos. Hoxe faise con tres. Os móbiles, smartphones, tablets, phablets e demáis variables convertéronse nun elemento máis do noso Entroido. E non queda máis remedio que convivirmos con el. Hoxe a música das charangas compártese por notas de voz de WhatsApp ou vídeos en directo de Facebook. Instagram converteuse nunha pasarela de disfraces do máis interesante. Xa non se queda no espolón da Praza Maior ou na Estación de Autobuses. O WhatsApp logrou que a comunicación instantánea se fixese un oco no protocolo de xuntanza entroideira.

IMG_8281

E para mostra... un botón en forma de fotografías tomadas polo equipo deste xornal no día de onte polas rúas da vila limiá. E é que por máis que nos resistamos, o presente tecnolóxico deberá convivir co pasado tradicional se queremos preservar o importante e avanzar no necesario.

#entroido #xinzo