E Xinzo ficou cuberto por unha capa de fariña

fareleiro 3
E Xinzo ficou cuberto por unha capa de fariña

Acabado o Fareleiro, non rematou a festa. Isto segue e prolóngase outros cinco fins de semana máis.

A festa máis importante do ano para a comarca da Limia xa chegou. Este pasado domingo deu comezo o Entroido máis longo do mundo, o de Xinzo de Limia. Arredor das 16 horas da tarde comezaron a repartirse máis de 500 kilogramos de fariña na Praza Maior da vila. Aínda non eran as 17 horas e a capital da Limia xa era unha auténtica batalla campal de polvos brancos.

fareleiro 2

Ao comezo a xente aínda se escondía baixo os soportais, ben para evitar ser alcanzados pola fariña, ben para se resgardar da choiva. Mais esta foi amainando e, arredor das 17 horas, xa non había escapatoria. O único propósito? Deixar o disfraz e a cara de todo fillo de veciño, branco até a punta dos pelos.

Entre a auga que caía do ceo e a fariña, algúns parecían xa cubertos de masa, pero a festa continuou. Chuvasqueiros, gafas de buceo, bolsas... todo facía falla para se protexer da ansia viva dos lanzadores experimentados. Algún aínda levou algún bo golpe debido aos ocasionais resbalóns.

fareleiro 1

Acabada a fariña, non rematou a festa. Isto segue e prolóngase outros cinco fins de semana máis. O domingo próximo, as prazas encheranse de olas de barro tradicionais para recibir o Domingo Oleiro. Isto sen esquecer as moitas actividades programadas nesta nova edición do Entroido de Xinzo de Limia.