viernes 3/12/21

Aquí Galicia en directo dende Xinzo

A poucas horas do petardazo o programa da TVG, trasladouse a Xinzo

Coro AIMIL
aqui galicia-5

Nunha tarde realmente apetecible de sol, os veciños de Xinzo gozaron da emisión en directo do programa da TVG, “Aquí Galicia” . Ata alí achegáronse en primeiro lugar “O Pucho” e “O Rato” acompañados de de dúas rapazas para presentar o domingo fareleiro.

Despois seguiron as actuacións da Banda de Gaitas de Xinzo, o grupo de Gaitas e pandereteiras do Centro Social de Xinzo que dirixe  David “O Grelo”. Despois subiron o escenario o grupo folk “AIMIL” para interpretar  “O Galo”.

Entre medias   José Antonio  mestre pasteleiro  da pastelería  “Pombal” , ensinou a todos os galegos as famosas orellas do entroido e a tamén afamada “bica do entroido”.

Comentarios