UN ENTERRO DA SARDIÑA COMO MANDA A LEI

IMG_7521
UN ENTERRO DA SARDIÑA COMO MANDA A LEI

As autoridades e as viúvas acompañaron a sardiña antes da súa queima

A praza ateigada de xente esperou a que chegara a procesión para escoitar as sátiras do enterro da sardiña, que un ano mais, foron encargadas ó grupo de teatro municipal ANEIS.

As súas compoñentes de rigoroso loito foron desgreñando a actualidade, tanto nacional como local, para facer a súa crítica.

Rematado o acto procedeuse a queima da sardiña.

E agora esperar o domingo de piñata para disfrutar outra vez dos disfraces e das charangas.