O entroido de Xinzo chega ata ós EE.UU.

composición internacional
O entroido de Xinzo chega ata ós EE.UU.

Os periódicos internacionais fanse eco do Entroido da Limia. En Estados Unidos recoñecen o Entroido de Xinzo coma un dos máis longos de España. En Francia, o diario Le Progres, narra a historia dun pobo que inaugura estas festividades vendo a vida de cor branca. Numerosas fotos ilustran a mellor definición que se lle daría ao Domingo Fareleiro. Unha praza chea de xente divertíndose, tirándose fariña e dando a benvida, un ano máis, o seu Entroido querido.

O Entroido é unha festividade que engancha a xente de todas as idades, aínda non esta por acabar o diste ano que xa se esta pensando no do ano que ven. As pantallas son os personaxes típico desta rexión, son os encargados de manter o orden e alegrar a festa. Son facilmente recoñecibles dende lonxe posto que xeneran un sonido moi peculiar, polas campás e os cencerros que levan con eles.

O Entroido de Xinzo foi declarado como festa de interese turístico nacional e, agora, quérese conseguir a súa internacionalización. O obxetivo é conseguir a certificación de festa de interese turístico internacional, mediante unha campaña de promoción e internacionalización do Entroido Limiao da Concellería de Cultura que ten que facer que nos comprometamos firmemente coa defensa da tradición.

Temos que agradecer a un dos mellores fotógrafos free lance Miguel Riopa por estas magnificas fotografías do comenzo do Entroido. Para ver o enlace prema aqui