O Entroido de Xinzo, máis seguro que nunca

Elvira Lama
O Entroido de Xinzo, máis seguro que nunca

O PSOE pídelle o Alcalde que solicite a Subdelegación do Goberno que reforce as medidas de seguridade con máis efectivos

O Entroido de Xinzo de Limia é un dos máis coñecidos pola súa fama nacional e pola difusión masiva que obtén mediante as redes sociais e a televisión. Como consecuencia disto, estase a converter nun evento de magnitudes desbordantes para os policías cos que conta o concello.

O PSOE solicita o aumento do número de efectivos dos corpos e forzas de seguridade durante os días centrais do Entroido, para reforzar a vixilancia ante posibles situación de emerxencia. O Entroido concentrase en rúas moi estreitas, onde recibe a maior afluencia de visitantes nos días máis destacados. Por esta razón, os efectivos cos que se conta habitualmente son insuficientes e piden que se reforcen as medidas de seguridade con máis axentes de policía e de protección civil.

Ademais, os socialistas recalcan a necesidade de instalar contenedores pequenos de vidro onde poder depositar os cascos baleiros e que se faga unha notificación para os establecementos de hostalería incrementando os envases de plástico.