Inminente apertura do museo do Entroido de Galicia

Edificio museo
Inminente apertura do museo do Entroido de Galicia

TRESCENTOS SETENTA MIL EUROS INVESTIDOS NESTA LEXISLATURA

Será neste mes e o alcalde pretende que se faga un dia de portas abertas algún dos grandes do Entroido 2015Non sería inauguración, porque nas súas paredes xa hai unha placa que di que foi inaugurado polo Presidente da Xunta o Sr. Fraga e sendo alcalde o Sr. Sueiro, despois dunha inversión inicial de 35 millóns de pesetas.Despois daquilo na década do 2000, non se fixo nada ata esta lexislatura.

TRESCENTOS SETENTA MIL EUROS INVESTIDOS NESTA LEXISLATURA

Esta e a cantidade de cartos que se levan investido nesta lexislatura procedentes 150, da Deputación Provincial, 150. da Consellería de Cultura e ós últimos 70.000 estanse a investir para rematar, procedentes da Axencia Galega de Turismo.

Con estes 70.000 euros últimos dedicados ó que os técnicos chaman museilización, poderanse abrir as portas, xa non e tempo, do Museo dos Entroidos de Galicia.

Con estes últimos cartos estase a facer a escenografía a sinalizazón , iluminación axeitada e ós primeiros elementos correspondentes ós distintos entroidos de Galicia, e loxicamente en grande parte o noso de Xinzo, e mais os moitos da Limia.

O OBXECTIVO NON E A SÚA INAUGURACIÓN, SE NON UNHA APERTURA NUNHAS CONDICIÓNS DIGNAS

Segundo o concelleiro de Cultura Carlos Gomez, o obxectivo non debe ser unha inauguración e acabouse. O museo dos entroidos de Galicia, ten que ser algo vivo, que cada dia e cada ano conte con novas pezas e novos elementos perteñecentes a calquera dos entroidos, que son centos, dos que se celebran na nosa Galicia.

A partir da apertura, será cando o Museo empece a camiñar realmente, tentando facerse con recursos materiais e inmateriais desta rica e diversa tradición e programar exposición cecas temporais que poñan en relevo os distintos ritos e particularidades do ciclo entroideiro nas súas diversas localizacións xeográficas. Unha tarefa en constante actualización que sen dubida levara anos e na que terán que intervir expertos e interesados de moitos dos lugares protagonistas desta festa.