XINZO CONTA CO ENTROIDO MAIS LONGO DE ESPAÑA

IMG_5756
XINZO CONTA CO ENTROIDO MAIS LONGO DE ESPAÑA

Entre 70 e 75.000 € custará o entroido 2015, dos cales espérase recadar entre os veciños e negocios preto de 25.000.

CHUPINAZO, FARELEIRO, COLGAMENTO DO MECO, OLEIRO, NOITE DE MULLERES,CORREDOIRO,VENRES INFANTIL,VENRES NOITE,SÁBADO DE ENTROIDO,DOMINGO,LUNS, MARTES DE ENTROIDO ENTERRO DA SARDIÑA E DOMINGO DE PIÑATA.

TNT; NBA; BCB; XL; NOVA; COMPOSTEL; ACHICORIA; XITUMA BATUKA; MEKANICA e DGT, ademais de grupos de gaiteiros e a banda municipal, serán os encargados de animar tódolos días que dura o entroido. Todas as charangas rematarán os seus percorridos polas rúas as TRES da Mañá.

RITMO JOVEN; ABANICO e CAPITOL, serán as orquestras espectáculo, as dúas primeiras o domingo e martes de entroido na praza do toural e a última o domingo de piñata na praza Carlos Casares, para rematar o entroido no mesmo sitio que comezará o sábado.

Entre as novidades a comisión anunciou que se duplicará o número de grupos musicais para o desfile infantil .

Tamén o Pte. da comisión organizadora quixo facer fincapé ante os medios de comunicación para que animaran a xente a que se acerque a Xinzo o luns de entroido(día das pantallas) para poder disfrutar do colorido e sons das mesmas, posto que os outros días con tanta xente no pobo faise moi difícil.