A Comisión do Entroido leva a cabo unha campaña a prol do respecto pola Pantalla

campaña
A Comisión do Entroido leva a cabo unha campaña a prol do respecto pola Pantalla

O grupo de persoas que organizan este Entroido 2016 puxéronse unha meta, conseguir que se respecte a Pantalla e a tradición. Por ese motivo decidiron levar a cabo unha campaña que consiste nun conxunto de elementos visuais acompañados por palabras clave que definen o sentir do pobo cando celebra o seu Entroido. Verbas como as da pancarta colgada no balcón do concello na Praza Carlos Casares.

balcón

Así mesmo, na parede do Museo do Entroido atópase o coñecido como photocall, un telón do fondo para facerse fotografías e neste caso decorado coas Pantallas e as vexigas.museo

Polas redes sociais circula un vídeo feito por unha empresa de deseño gráfico e que está acadando un éxito de visitas e que pode verse na páxina de Facebook de Entroido de Xinzo de Limia.